Igualdade

A pretensión da Asociación Diversidades Acolle en materia de igualdade é mellorar  a  calidade  de  vida  das  mulleres  inmigrantes,  axudándoas  a xestionar os conflitos relacionados co xénero e a identidade cultural, mediante a  toma  de  conciencia  práctica  dos dereitos das mulleres inmigrantes, tanto nos seus contextos habituais de convivencia familiar e comunitaria, así como nas relacións cos servizos públicos, co mundo laboral e cos mercados de bens e servizos, desde o respecto á diferenza cultural.

Ás participantes ofrecénselles ferramentas para coñecer mellor a sociedade de  acollida,  os  seus  valores  e  o  seu  marco  normativo,  destacando  a igualdade entre mulleres e homes. Ao tempo adquiren competencias para a vida  diaria, desde a perspectiva do desenvolvemento do propio proxecto de vida, da libre determinación da súa vida e do seu empoderamento e emancipación.