Atopar vivenda é un dos retos máis complexos a día de hoxe, especialmente para as persoas en situación de vulnerabilidade. Por iso, Diversidades Acolle decidiu apostar pola inclusión residencial cun novo proxecto: “A túa casa connosco”.
Trátase dun servizo de asesoramento e acompañamento no proceso de procura dun novo fogar para os usuarios da asociación. Marta Fernández, a cargo do programa, coñece “o mercado inmobiliario actual, así como as trabas ás que atopan as persoas en risco de exclusión”. O que fai máis necesario este traballo para velar por un dereito básico como é o acceso á vivenda.
“Os prexuízos ou o descoñecemento poden ser unha barreira para alquilar unha casa”, asegura Marta. Para superar os obstáculos aos que os usuarios de Diversidades pódense enfrontar, leva a cabo unha análise pormenorizada da oferta inmobiliaria e actúa como mediadora cos propietarios. Non só iso, a responsable de “A túa casa connosco” tamén guía aos participantes en trámites como solicitudes de axudas para o alugueiro ou bonos sociais.
Trátase dun servizo dispoñible na oficina de Diversidades Acolle da rúa de García Barbón, 36 de Vigo. E este programa está financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, mediante fondos europeos.