Memoria 2017

Memoria 2017

Entrando en terra de soños,

ían os soños cantando

Balance. 3

Logros. 3

Inclusión. 5

Bun Venit. 5

Bun Venit 2016-2017. 5

Bun Venit 2017-2018. 6

Bun Venit Mediación. 6

Bun Venit 2016-2017. 6

Bun Venit Mediación 2017-2018. 7

Formación. 9

Escola de Segunda Oportunidade. 9

Pregatirea Maine 2016-2017. 9

Proxecto Bros 2017-2018. 10

Sociedade de Acollida. 10

Sociedade de Acollida 2016-2017. 10

Sociedade de Acollida 2017-2018. 11

Outros proxectos formativos. 12

Competencias clave 2016-2017. 12

Formación para a inclusión. 13

Competencias clave 2017-2018. 14

Educación. 15

Conecta-Cultura. 15

Conecta-Cultura 2016-2017. 15

Conecta-Cultura 2017-2018. 15

Mediación entre Iguais e Mellora da convivencia. 16

Mediación entre iguais O Toural 16

Mediación entre Iguais IES Rodeira. 17

Mediación entre Iguais IES A Guía. 17

Mellora da Convivencia IES Valadares. 18

Igualdade. 19

Am Drepturi 2016-2017. 19

Obradoiros Am Drepturi 20

Donas da cidade. 21

Cidadanía. 22

Programa de voluntariado 2017. 22

Accións de sensibilización. 23

Campaña Por un Mundo sen Fronteiras. 23

Festa intercultural contra o racismo. 23

Día internacional das migracións. 23

 

Balance

O ano 2017 destaca na historia da Asociación Diversidades porque supuxo a súa integración na Red Acoge, unha Federación de Entidades Sociais que ten como obxectivo principal a defensa dos dereitos das persoas inmigrantes e refuxiadas, que mobiliza máis de 1000 persoas voluntarias e proxectos profesionais en 8 comunidades autónomas, con colaboracións con diferentes organizacións a nivel nacional e internacional.

Esta integración supón asumir como nova denominación Diversidades Acolle, respectando a nosa tradición organizativa e a nosa marca, ao tempo que adquirimos unha nova dimensión, integrándonos nunha tradición organizativa máis ampla.

Ademais, 2017 foi o ano da participación na Asociación Española de Escuelas de Segunda Oportunidad, tratando de reforzar a nosa aposta pola xente nova sen cualificación nun claro contexto intercultural, onde as segundas xeracións de persoas migrantes tecen redes de participación e oportunidades con outras persoas de procedencia nacional que, por diferentes motivos quedaron afastadas da corrente principal de formación e emprego.

Logros

Os principais obxectivos da intervención continuaban as prioridades establecidas nos anos anteriores:

  • Incrementar o número de persoas participantes nos nosos programas e servizos.
  • Mellorar a empregabilidade e reforzar a inserción sociolaboral
  • Promover a paridade de xénero
  • Sensibilizar en materia de igualdade de trato e loitar contra a discriminación

Facendo un balance dos indicadores de resultado dispoñibles, hai que destacar que avances importantes en case todos os campos:

Incrementar o número de persoas participantes nos nosos programas e servizos

Despois do gran salto adiante de 2016, durante 2017 incrementamos un 55% as persoas participantes nas nosas actuacións de inclusión social, pasando de 177 a 275 persoas.

Mellorar a empregabilidade e reforzar a inserción sociolaboral

En 2017consolidamos o enfoque cara á inclusión social activa, sen renunciar aos itinerarios que requiren unha maior dedicación ao desenvolvemento de hbilidades básicas, habilidades sociais e estruturación social e familiar. O número de contratacións estabilizouse nos niveis de 2016, igual que o número de proxectos de autoemprego. Pero o número de persoas que incrementan de forma demostrable a súa empregabilidade duplicouse, permitindo un acceso á formación para o emprego, as prácticas formativas en empresas e ampliando o horizonte de inserción laboral.

Promover a paridade de xénero

A maioría das participantes nos nosos proxectos son mulleres. O seu número e a súa porcentaxe non deixaron de incrementarse. Esta maior presenza de mulleres está relacionada coa súa maior vulnerabilidade e co seu rol de solicitar apoios externos cando a unidade de convivencia non consegue resolver de maneira autónoma o acceso ás condicións de vida que se consideran normais na sociedade de acollida.  Sen embargo, esa presenza é aproveitada para reforzar as capacidades das mulleres e a súa conciencia de paridade na dignidade e nos dereitos, elementos ambos que non podemos dar por descontados nin en orixe nin na nosa sociedade.

Comentario a parte merece o Proxecto Escola de Segunda Oportunidade (tanto o grupo Pregatirea Maine como a quenda de BROS), porque o número de homes supera con creces ao de mulleres, debido a que o abandono escolar prematuro é moito máis elevado nos homes. O reto é ofrecer un seguimento escolar que permita garantir a continuidade nos estudos das nenas inmigrantes con problemas de desigualdade de xénero.

Sensibilizar en materia de igualdade de trato e loitar contra a discriminación

Seguimos sen despregar unha estratexia específica de recollida de casos de discriminación. Pero comezamos unha colaboración con SOS Racismo Galicia a nivel local, que pode dar bos resultados na visibilización da discriminación e na igualdade de trato. A continuidade do programas Bun Venit – Mediación, co seu apartado de sensibilización, así como o desenvolvemento das accións en centros educativos dos proxectos Pregatirea Maine e Conecta Cultura permiten chegar a un público amplo, tanto de poboación escolar como de responsables de servizos públicos, desde os servizos de saúde ata os servizos sociais e as administracións do Estado.

Inclusión

Bun Venit

Bun Venit 2016-2017

Resume

Contribuír á mellora da situación social e da inserción laboral das persoas recén chegadas á nosa sociedade a través da acollida, o acompañamento, a orientación, a formación e a mediación intercultural.

Obxectivos

  • Poñer en coñecemento dos participantes os mecanismos de sociais da sociedade de acollida, dos dereitos e deberes e da lingua e cultura da nosa sociedade.
  • Mellorar as competencias básicas e habilidades sociais
  • Facilitar os accesos á vivenda, ao emprego e a escolarización dos menores
  • Reducir a desigualdade entre homes e mulleres
  • Desenvolver itinerarios de inserción sociolaboral

Metodoloxía

A liña de actuación parte da creación dun vínculo inicial das persoas estranxeiras coa nosa entidade, favorecendo a comunicación individualizada que permite ofrecer un servizo máis concreto e especifico as necesidades persoais e dando a coñecer os recursos comunitarios que están a súa disposición.

Lugar de realización

Vigo

Calendario

Data de inicio: 1 decembro de 2016

Data de fin: 25 marzo de 2017

Participantes

Totais: 50

Mulleres: 28

Homes: 22

Resultados obtidos:

Entre as 50 persoas participantes e das 30 con itinerarios, 9 conseguiron algún tipo de contratación. De máis de tres meses: 3 Mulleres / 3 homes; de entre 1 e 3 meses: 1 muller; de duración inferior a un mes: 2 homes e a tempo parcial: 3 mulleres / 1 homes.

Financiador:

Consellería de Política Social

 

Bun Venit 2017-2018

Resume

Contribuír á mellora da situación social e da inserción laboral das persoas recén chegadas á nosa sociedade a través da acollida, o acompañamento, a orientación, a formación e a mediación intercultural.

Obxectivos

Poñer en coñecemento dos participantes os mecanismos de sociais da sociedade de acollida, dos dereitos e deberes e da lingua e cultura da nosa sociedade.

Mellorar as competencias básicas e habilidades sociais

Facilitar os accesos á vivenda, ao emprego e a escolarización dos menores

Reducir a desigualdade entre homes e mulleres

Desenvolver itinerarios de inserción sociolaboral

Metodoloxía

Conta con catro dimensións que consideramos prioritarias: a vinculación, a mediación intercultural, a individualización dos itinerarios e o seu inserción en contextos comunitarios.

Lugar de realización

Vigo

Calendario

Data de inicio: 1 abril de 2017

Data de fin: 30 xuño 2018

Participantes

Totais: 50 persoas

Mulleres: 34

Homes: 16

Resultados obtidos:

Entre as 50 persoas participantes e das 30 con itinerarios, 8 conseguiron algún tipo de contratación. 5 Mulleres e 3 homes, sumando en total 15 contratos.

Financiador:

Financiador: Consellería de Política Social

 

Bun Venit Mediación

Bun Venit Medición 2016-2017

Resume

É un programa de intervención que ten como finalidade favorecer a integración e a comunicación entre o colectivo de inmigrantes e minorías étnicas cos profesionais de diferentes ámbitos: Servizos Sociais, educativo, comunitario, sanitario, xurídico e entidades privadas.

Obxectivos

Ofrecer respostas a unha serie de demandas ou necesidades, explícitas ou non, que xorden en contextos de multiculturalidade significativa, favorecendo a participación social das minorías étnicas e inmigrantes de orixe estranxeira que vive no municipio de Vigo e arredores e contribuír á convivencia mediante a metodoloxía da mediación intercultural e unha perspectiva de igualdade de xénero.

Metodoloxía

O proxecto abordou varias dimensións de intervención tanto individual como colectiva, tanto coas persoas participantes como usuarias, e cos profesionais dos diferentes servizos, fomentando a cohesión social e unha comunicación sen barreiras de ningún tipo, potenciando o sentido de pertenza colectiva, dinamizando e desenvolvendo xestións institucionais diferentes.

Lugar de realización

Vigo

Calendario

Data de inicio: 1 decembro de 2016

Data de fin: 25 de marzo de 2017

Participantes

Totais: 79

Mulleres: 45

Homes: 34

Resultados obtidos:

O proxecto de Mediación Intercultural serviu para reforzar o programa Bun Venit – Itinerarios, o acceso ás accións formativas (Introdución á Sociedade de Acollida, Pregatirea Maine, Competencias Clave para Persoas Adultas…), e a coordinación con outras entidades sociais e cos Servizos Públicos (educación, saúde, protección social, estranxería…).

Financiador:

Financiador: Consellería de Política Social

Bun Venit Mediación 2017-2018

Resume

É un programa de intervención que ten como finalidade favorecer a integración e a comunicación entre o colectivo de inmigrantes e minorías étnicas cos profesionais de diferentes ámbitos: Servizos Sociais, educativo, comunitario, sanitario, xurídico e entidades privadas.

Obxectivos

Ofrecer respostas a unha serie de demandas ou necesidades, explícitas ou non, que xorden en contextos de multiculturalidade significativa, favorecendo a participación social das minorías étnicas e inmigrantes de orixe estranxeira que vive no municipio de Vigo e arredores e contribuír á convivencia mediante a metodoloxía da mediación intercultural e unha perspectiva de igualdade de xénero.

Metodoloxía

O proxecto abordou varias dimensións de intervención tanto individual como colectiva, tanto coas persoas participantes como usuarias, e cos profesionais dos diferentes servizos, fomentando a cohesión social e unha comunicación sen barreiras de ningún tipo, potenciando o sentido de pertenza colectiva, dinamizando e desenvolvendo xestións institucionais diferentes.

Lugar de realización

Vigo

Calendario

Data de inicio: 1 abril 2017

Data de fin: 30 xuño 2018

Participantes

Totais: 149

Mulleres: 95

Homes: 54

Resultados obtidos:

Proxecto en realización.

Financiador:

Financiador: Consellería de Política Social

Formación

Escola de Segunda Oportunidade

Pregatirea Maine 2016-2017

Resume

Formación en Competencias Clave e Habilidades Sociais para a incorporación sociolaboral de adolescentes estranxeiros con problemáticas de abandono escolar prematuro na cidade de Vigo

Obxectivos

Ofrecer un marco de reflexión e acción que posibilite a resolución de conflitos no ámbito escolar, fomentando a continuación no ámbito educativo e prantexando o establecemento de proxectos persoais, tanto laborais como formativos.

Metodoloxía

O proxecto ten tres liñas principais de actuación, unha centrada na prevención do abandono escolar prematuro, outra enfocada en ofrecer unha formación de Competencias clave e habilidades sociais para os que abandonaron os estudos sen titulación en ESO ou FP, e un acompañamento e asesoramento individualizado para a busca de emprego.

Lugar de realización

Vigo

Calendario

Data de inicio: 11 setembro de 2016

Data de fin: 13 maio de 2017

Participantes

Totais: 20 persoas

Mulleres:  6

Homes: 14

Resultados obtidos:

Todos os obxectivos marcados e estimados previamente non só foron conseguidos, senón que en moitos casos superaron as nosas expectativas. En resultados cuantitativos, podemos resumir que, participaron no proxecto 20 rapaces, que 14 deles prepararon as probas de Competencias Clave, e que as superaron satisfactoriamente (6)

Financiador:

Financiador: Consellería de Política Social

Proxecto Bros 2017-2018

Resume

BRO´s ofrece itinerarios educativos e formativos singulares, individualizados. A clave da intervención céntrase a súa vez na atención psicosocial e individualizada.  Está pensado para romper a sucesión de fracasos e o sentimento de frustración, ofrecendo a cada mozo un camiño de transición cara á vida adulta, o retorno ao sistema educativo ou a entrada ao mundo laboral e por tanto á autonomía e desenvolvemento como adulto/a.

Obxectivos

  • Promover o retorno ao sistema educativo e o acceso á cualificación profesional.
  • Acompañar e construír o proxecto vital de cada adolescente de novo.
  • Mellorar a futura empregabilidade dos adolescentes.

Metodoloxía

As fases principais céntranse na prevención do abandono escolar prematuro, a formación en Competencias Clave para  aquelen que xa abandonaron o sistema educativo sen cualificación, e orientación vocacional e laboral para a mellora da empregabilidade.

Lugar de realización

Vigo

Calendario

Data de inicio: 25 de setembro de 2017

Data de fin: Maio de 2018

Participantes

Totais: 13

Mulleres: 3

Homes: 10

Resultados obtidos:

Presentados a exame: 7 persoas. Aproban todas as competencias clave: 2 persoas. Aproban as 3 competencias esenciais para acceder aos certificados de profesionalidade nivel 2: 7 persoas.

Financiador:

Financiador: Consellería de Política Social

Sociedade de Acollida

Sociedade de Acollida 2016-2017

Resume

Formación sobre os coñecementos básicos da sociedade de acollida e da nosa lingua para persoas estranxeiras coa finalidade de mellorar a súa integración social.

Obxectivos

Coñecer a sociedade de acollida (marco normativo, valores e cultura) e adquirir as competencias de comprensión e expresión da lingua española para unha boa integración.

Metodoloxía

O curso está composto por dous materias: coñecementos sobre a sociedade de acollida e lingua española. Os participantes son avaliados polos profesores responsables facendo un seguimento individualizado do alumnado.

Lugar de realización

Vigo (Parroquia do Sagrado Corazón)

Calendario

Data de inicio: 19 setembro de 2016

Data de fin: 31 marzo de 2017

Participantes

Totais: 38 persoas

Mulleres:  17

Homes:  21

Resultados obtidos:

O 80% dos participantes melloraron notablemente as súas competencias en  cuestións de política, sociedade, e cultura do noso país, así coma tamén melloraron a súa fluidez para expresarse na lingua española e a comprensión escrita da mesma.

Financiador:

Financiador: Consellería de Política Social

Colaboración: Parroquia Sagrado Corazón- Vigo

Sociedade de Acollida 2017-2018

Resume

Formación sobre os coñecementos básicos da sociedade de acollida e da nosa lingua para persoas estranxeiras coa finalidade de mellorar a súa integración social.

Obxectivos

Coñecer a sociedade de acollida (marco normativo, valores e cultura) e adquirir as competencias de comprensión e expresión da lingua española para unha boa integración.

Metodoloxía

O curso está composto por dous materias: coñecementos sobre a sociedade de acollida e lingua española. Os participantes son avaliados polos profesores responsables facendo un seguimento individualizado do alumnado.

Lugar de realización

Vigo (Parroquia do Sagrado Corazón)

Calendario

Data de inicio:  18 setembro 2017

Data de fin:  30 de Novembro de 2017

Participantes

Totais: 15

Mulleres: 9

Homes: 6

Resultados obtidos:

Unha parte das persoas que participan no curso tiñan problemas de irregularidade sobrevenida, sendo o curso unha ferramenta indispensable para a lograr o arraigo na nosa sociedade e regularizar a súa situación. O resto das persoas participantes que finalizan a acción formativa, melloran o seu nivel de coñecemento da lingua é a sociedade española.

Financiador:

Financiador: Consellería de Política Social

Colaboración: Parroquia Sagrado Corazón- Vigo

Outros proxectos formativos

Competencias clave 2016-2017

Resume

Formación para as probas de Competencias Clave para persoas desempregadas de longa duración sen titulación acreditativa de nivel 2, e orientación na busca activa de emprego.

Obxectivos

Ofrecer unha formación básica a aquelas persoas sen formación mínima recoñecida e paradas de longa duración en risco de exclusión social, mellorando así a súa posibilidade de inserción laboral.

Metodoloxía

Formación nos contidos das probas e seguimento individualizado de cada participante no curso.

Lugar de realización

Vigo, Rúa Oporto “Centro Municipal de Emprego e Ocupacións”

Calendario

Data de inicio: 4 de outubro de 2016

Data de fin: 12 de maio de 2017

Participantes

Totais:

Mulleres:

Homes

Resultados obtidos:

Persoas presentadas a exame: 12

Homes: 1

Mulleres: 11

Persoas que acceden aos Certificados de Profesionalidade Nivel II: 9 mulleres.

Persoas que aproban todas as competencias clave nivel II: 5 mulleres.

Persoas que acceden aos certificados de profesionalidade nivel III: 1 muller

Financiador:

Financiamento propio. Co apoio do Concello de Vigo.

Formación para a inclusión

Resume

Ofrece unha oportunidade formativa a persoas en risco de exclusión social en situación de desemprego de longa duración ou de abandono escolar temperán, sen oportunidades formativas a través de AFD.

Obxectivos

Mellorar a súa empregabilidade

Reducir o risco de exclusión social

Reforzar os vínculos sociais

Metodoloxía

Preparación das probas de Competencias Clave

Lugar de realización

Rúa Oporto 1, nas aulas CEMIT do Concello de Vigo

Calendario

Data de inicio: 1 abril 2017

Data de fin: 30 xuño 2017

Participantes

Totais: 25

Mulleres: 15

Homes: 10

Resultados obtidos:

13 persoas retornan ao sistema de formación e emprego procedentes de abandono escolar temperán.

12 persoas certifican todas as competencias clave Nivel 2

Financiador:

Financiador: Deputación de Pontevedra

Colaboración: concello de Vigo

Competencias clave 2017-2018

Resume

Formación para as probas de Competencias Clave para persoas desempregadas de longa duración sen titulación acreditativa de nivel 2, e orientación na busca activa de emprego

Obxectivos

Ofrecer unha formación básica a aquelas persoas sen formación mínima recoñecida e paradas de longa duración en risco de exclusión social, mellorando así a súa posibilidade de inserción laboral.

Metodoloxía

Formación nos contidos das probas e seguimento individualizado de cada participante no curso.

Lugar de realización

Vigo, Rúa Oporto “Centro Municipal de Emprego e Ocupacións”

Calendario

Data de inicio:  4 de outubro de 2017

Data de fin: maio de 2018

Participantes

Totais: 15

Mulleres: 5

Homes: 10

Resultados obtidos:

O 80% das persoas presentadas acceden aos certificados de profesionalidade: 4 mulleres e 13 homes.

Persoas que aproban todas as competencias clave nivel II: 6 homes e 1 muller.

Financiador:

Financiador: Consellería de Política Social

Colaboración: concello de Vigo

 

Educación

Conecta-Cultura

Conecta-Cultura 2016-2017

Resume

Proxecto de desenvolvemento intercultural,  con propostas educativas específicas para alumnos e profesores, dotándoos de ferramentas prácticas e didácticas para fomentar a interculturalidade, favorecer a aceptación da diversidade social  mediante unha serie de actividades educativas e de sensibilización social  para facer das nosas escolas máis interculturais e inclusivas.

Obxectivos

Ofrecer un marco de reflexión e acción que dote a profesores e alumnos de ferramentas didácticas para a abordaxe positiva da multiculturalidade existente en cada centro para así convertela en interculturalidade.

Metodoloxía

Formación directa a profesores en materia de interculturalidade e suxerencia de actividades para a posta en marcha polos profesores do proxecto cos seus alumnos. Fíxose un seguimento e acompañamento da posta en marcha do proxecto nas aulas.

E finalmente os centros realizaron un produto final audiovisual en materia de interculturalidade.

Lugar de realización

IES Valadares, IES Carlos Casares (Viana do Bolo), CPI O Toural de Vilaboa, CEIP Paradai (Lugo)

Calendario

Data de inicio: Novembro de 2016

Data de fin: Xuño de 2017

Participantes

4 Centros educativos

30 Profesores

Resultados obtidos:

Cada centro de ensino realizou o seu produto final audiovisual baseado nas actividades realizadas cos alumnos en materia de interculturalidade.

Financiador:

Consellería de Política Social (en colaboración coa Consellería de educación).

Conecta-Cultura 2017-2018

Resume

Proxecto de desenvolvemento intercultural,  con propostas educativas específicas para alumnos e profesores, dotándoos de ferramentas prácticas e didácticas para fomentar a interculturalidade, favorecer a aceptación da diversidade social  mediante unha serie de actividades educativas e de sensibilización social  para facer das nosas escolas máis interculturais e inclusivas.

Obxectivos

Ofrecer un marco de reflexión e acción que dote a profesores e alumnos de ferramentas didácticas para a abordaxe positiva da multiculturalidade existente en cada centro para así convertela en interculturalidade.

Metodoloxía

Formación directa a profesores en materia de interculturalidade e suxestión de actividades para a posta en marcha polos profesores do proxecto cos seus alumnos.

Lugar de realización

CPR María Auxiliadora Lugo

Calendario

Outubro 2017 – maio 2018

Resultados obtidos:

O centro educativo realizou un proxecto interdisciplinar coa participación de todas as titoras e titores de 2 ESO, ademais de diversos especialistas e as orientadoras do Colexio. O produto final audiovisual fai un compendio do conxunto das actividades realizadas cos alumnos en materia de interculturalidade e mostra os materiais e produtos tanxibles producidos nas aulas.

Financiador:

Consellería de Política Social (en colaboración coa Consellería de educación).

Mediación entre Iguais e Mellora da convivencia

Mediación entre iguais O Toural

Resume

Formación do alumnado, profesorado, pais e persoal non docente, en mediación de conflitos no propio centro educativo, ofrecendo as ferramentas necesarias para a resolución pacífica de conflitos.

Obxectivos

Mellora da convivencia no centro educativo

Facer partícipes da mediación de conflitos a toda a comunidade educativa

Metodoloxía

Selección de mediadores

Formación en mediación de conflitos

Seguimento da mediación no centro

Lugar de realización

CPI O Toural, Vilaboa.

Calendario

Data de inicio: Novembro 2016

Data de fin: Xuño 2017

Participantes

Totais: 20

Mulleres: 13

Homes: 7

Resultados obtidos:

Conformouse un equipo de mediación composto por 10 alumnos, 3 pais, 6 profesores e 1 membro non docente do centro. Conformáronse equipos heteroxéneos para a posta en marcha da mediación.

Financiador:

Centro CPI O TOural

Mediación entre Iguais IES Rodeira

Resume

Formación do alumnado, profesorado, pais e persoal non docente, en mediación de conflitos no propio centro educativo, ofrecendo as ferramentas necesarias para a resolución pacífica de conflitos.

Obxectivos

Mellora da convivencia no centro educativo

Facer partícipes da mediación de conflitos a toda a comunidade educativa

Metodoloxía

Formación en mediación de conflitos

Seguimento da mediación no centro

Lugar de realización

IES Rodeira, Cangas.

Calendario

Data de inicio: 14 de abril de 2017

Data de fin: 31 de marzo de 2017

Participantes

Totais: 60 persoas

Resultados obtidos:

Dotouse aos participantes de 1º ESO de todo o Centro Educativo de ferramentas de resolución de conflitos.

Financiador:

Centro IES Rodeira

Mediación entre Iguais IES A Guía

Resume

Formación do alumnado en mediación de conflitos no propio centro educativo, ofrecendo as ferramentas necesarias para a resolución pacífica de conflitos.

Obxectivos

Mellorar as habilidades de resolución de conflitos do alumnado do Centro.

Identificar e formar posibles facilitadores da convivencia e mediadores.

Metodoloxía

Selección de mediadores

Formación en mediación de conflitos.

Lugar de realización

IES A Guía (Vigo)

Calendario

Data de inicio: 20 de Febreiro de 2017

Data de fin: 24 de Abril de 2017

Participantes

Totais: 42 persoas.

Resultados obtidos:

Houbo persoas de todos os cursos da ESO e do Bachalerato implicadas na formación en mediación e resolución de conflitos entre iguais.

Financiador:

IES a Guía

Mellora da Convivencia IES Valadares

Resume

Formación do alumnado en mediación de conflitos no propio centro educativo, ofrecendo as ferramentas necesarias para a resolución pacífica de conflitos.

Obxectivos

Mellorar as habilidades de resolución de conflitos do alumnado do Centro.

Identificar e formar posibles facilitadores da convivencia e mediadores.

Metodoloxía

Desenvolvemento de dinámicas de grupo, combinadas con proxeccións de pequenos vídeos e con textos que facilitan a reflexión e a interiorización da reflexión sobre os conflitos e das ferramentas para a súa xestión.

Lugar de realización

IES Valadares

Calendario

9 outubro – 13 de decembro de 2018

Participantes

Totais: 60 persoas

Resultados obtidos:

Todo o alumnado de 1 ESO do Centro Educativo participou nesta acción, coa conseguinte facilitación na xestión dos conflitos. Espérase un impacto sostido no tempo coa incorporación deste método a medida que este alumnado adquira protagonismo no Centro Educativo.

Financiador:

IES Valadares

Igualdade

Am Drepturi 2016-2017

Resume

O proxecto establece unha liña de empoderamento das mulleres nos ámbitos persoal, familiar e social, tomando responsabilidades e protagonismo na súa propia vida e capacidade de actuación autónoma.

Obxectivos

Favorecer o empoderamento das mulleres desenvolvendo as súas habilidades persoais e sociais.

Mediar nos conflitos existentes no ámbito persoal, familiar, veciñal e social.

Facilitar a adquisición de competencias básicas, incluíndo a comprensión e expresión tanto oral como escrita en lingua española.

Fomentar a inclusión sociolaboral das mulleres, favorecendo a conciliación da vida persoal e laboral.

Metodoloxía

O proxecto desenvolvese partindo dunha boa acollida, oferta de servizo e apoio nos ámbitos de atención psicolóxica, asesoramento xurídico, mediación familiar e intercultural e orientación laboral. Ademais dun apoio grupal para a mellora da comprensión e expresión da lingua española para aquelas mulleres que o precisan.

Lugar de realización

Vigo

Calendario

Data de inicio: 1 de outubro de 2016

Data de fin: 30 de setembro de 2017

Participantes

Mulleres: 62

Resultados obtidos:

27 mulleres realizaron un itinerario individualizado de inserción social e laboral desde a óptica de xénero.

8 mulleres atopan un emprego (incluíndo o emprego por conta propia).

Financiador:

Secretaría Xeral de Igualdade – Xunta de Galicia

 

Obradoiros Am Drepturi

Resume

Proxecto destinado a mulleres estranxeiras, vítimas de violencia, mulleres vulnerables e por tanto en risco de exclusión social co fin de ofrecerlles un espazo para mellorar as súas habilidades persoais, familiares e sociais, fomentando a comunicación en lingua española empoderándoas para unha boa socialización na nosa cidade.

Obxectivos

  • Darlle a coñecer os servizos que ofrece a cidade.
  • Coñecer aspectos importantes (sociais, culturais, legais…) da nosa sociedade.
  • Ofrecerlles un espazo de reflexión e liberdade de expresión.
  • Mellorar a comunicación en lingua española.

Metodoloxía

Destaca o grupo internacional de mulleres, centrado na aprendizaxe da lingua e no empoderamento desde a perspectiva de xénero.

Con metodoloxía de grupo tamén funciona o obradoiro de busca de emprego.

Lugar de realización

Sede da Asociación Diversidades

Calendario

Data de inicio: 03/04/2017

Data de finalización: 26/06/2017

Data de reanudación: 11/09/2017

Data de finalización: 20/11/2017

Participantes

Mulleres estranxeiras: 50

Mulleres españolas: 11

Resultados obtidos:

  • 19 mulleres participantes no obradoiros e nos servizos de apoio e orientación laboral están na actualidade en busca activa de emprego.
  • 13 mulleres participantes atoparon un emprego.
  • 15 mulleres participantes melloraron a súa cualificación.

Financiador:

Concello de Vigo. Consellería de Igualdade

Donas da cidade

Resume

Proxecto centrado nas mulleres co fin de xerar habilidades para o aforro e ofrecer ferramentas para unha forma de consumo adecuada (control de gastos) Coñecer as festas populares e tradicións dos seus países.

Realización de charlas de posta en común, aspectos culturais, relixiosos, sociais…

Obxectivos

Favorecer a participación social plena das mulleres inmigrantes e, por extensión, doutras mulleres en risco de exclusión social.

Fomentar o coñecemento e uso da lingua española como lingua franca na nosa sociedade.

Achegarse aos valores, costumes e feitos culturais máis relevantes da cultura local, fomentando a paridade de xénero, a igualdade de oportunidades e a non discriminación

Metodoloxía

Saídas socioculturais:

Visitar eventos e festas populares (Fogueiras de San Xoán, Cristo da Vitoria, Romaría San Roque…) exposicións, documentais… eventos ou charlas con outras entidades

Lugar de realización

Sede da Asociación Diversidades

Calendario

Abril – Xuño 2017 – Primeira quenda

Setembro – Novembro 2017 – Segunda Quenda.

Participantes

Mulleres: 12

Resultados obtidos:

O proxecto Donas da Cidade serviu para reforzar os Obradoiros Am Drepturi no ámbito do ocio, do manexo dos servizos da cidade e na creación de lazos positivos con outras mulleres como mecanismos de participación social e de empoderamento.

Financiador:

Fundación La Caixa

Cidadanía

Programa de voluntariado 2017

Resume

O programa de voluntariado pretende mobilizar á cidadanía respecto dos valores da solidariedade e da acollida, mediante a participación en diferentes proxectos da Asociación Diversidades.

Obxectivos

Fomentar a participación social solidaria.

Favorecer o establecemento de lazos interculturais.

Reforzar os proxectos sociais da Asociación Diversidades Acolle.

Sensibilizar sobre a convivencia e a acollida.

Metodoloxía

A metodoloxía da acción voluntaria pasa por facilitar que as persoas voluntarias sexan protagonistas dos diferentes procesos de intervención, incluíndo a participación na planificación, no desenvolvemento, na avaliación en na xestión dos diferentes proxectos en que participan.

Ao mesmo tempo, esa actuación sempre está acompañada por profesionais da entidade que facilitan o labor das persoas voluntarias e asumen aqueles ámbitos de intervención que o voluntariado non está en condicións de desenvolver, creando sinerxías e reforzando as capacidades da sociedade civil para a autoxestión dos seus problemas e das súas respostas solidarias.

Lugar de realización

Vigo (diferentes emprazamentos).

Calendario

Xaneiro – Decembro 2017 (realización continuada con pausa durante o verán, salvo nas actuacións de acompañamento social).

Participantes

Totais: 10

Mulleres: 6

Homes: 4

Resultados obtidos:

O voluntariado contribuíu de forma decisiva ao desenvolvemento de diferentes actividades formativas, nomeadamente as de Competencias Clave para persoas adultas, incluíndo o grupo de Neolectores. Tamén axudou a realizar o acompañamento social no ámbito sanitario e na realización de xestións ante as diferentes Administracións Públicas.

Financiador:

Financiamento propio.

Accións de sensibilización

Campaña Por un Mundo sen Fronteiras

A idea de que o voluntariado en contextos de diversidade cultural e de acollida da inmigración crea un mundo sen fronteiras, foi compartida a través dunha campaña nas redes sociais, convidando ás persoas a participar na acción solidaria da Asociación Diversidades. A campaña estendeuse durante os meses de xaneiro e febreiro de 2017.

Festa intercultural contra o racismo

Como motivo do Día Internacional pola eliminación da Discriminación Racial, convocado anualmente por Nacións Unidas, celebramos canda SOS Racismo Galicia unha Festa Intercultural contra o Racismo, o día 27 de marzo de 2017, nos locais da Asociación de Veciños da Doblada. Foi unha ocasión para convivir entre diferentes culturas e procedencias, con contacontos, xogos infantís, música en directo e cociña de diferentes países do mundo.

Día internacional das migracións

Difundimos a mensaxe de Nacións Unidas polo Día Internacional das Migracións, co lema “Migración segura nun mundo en movemento”, que enfoca o problema da creación de rutas seguras para as persoas que deciden abandonar a súa terra de orixe por razóns bélicas, políticas, relixiosas, sociais ou económicas.

Vigo, xuño 2018