Bun Venit Itinerarios 2018

O proxecto Bun Venit  

Bun Venit pretende contribuír á mellora da situación social e da inserción laboral das persoas recén chegadas á nosa sociedade a través da acollida, o acompañamento, a orientación, a formación e a mediación intercultural. 

Obxectivos 

  • Poñer en coñecemento dos participantes os mecanismos de sociais da sociedade de acollida, dos dereitos e deberes e da lingua e cultura da nosa sociedade. 
  • Mellorar as competencias básicas e habilidades sociais 
  • Facilitar os accesos á vivenda, ao emprego e a escolarización dos menores 
  • Reducir a desigualdade entre homes e mulleres 
  • Desenvolver itinerarios de inserción sociolaboral 

Metodoloxía 

A liña de actuación parte da creación dun vínculo inicial das persoas estranxeiras coa nosa entidade, favorecendo a comunicación individualizada que permite ofrecer un servizo máis concreto e especifico as necesidades persoais e dando a coñecer os recursos comunitarios que están a súa disposición. 

Lugar de realización 

Vigo 

Calendario 

Data de inicio: 1 abril de 2017 

Data de fin: 30 xuño 2018