Convocada a segunda quenda da formación All In: técnicas para o traballo inclusivo coa mocidade.
30 de novembro, 14 e 21 de decembro 2022
Horarios: Venres de 13:30 a 15:30.
Lugar: Centro de Acollida Tui 1
Con acreditación Youth Pass

Que pretendemos?
Sensibilizar á sociedade en xeral e á xente nova de forma específica sobre a oportunidade de aprendizaxe e desenvolvemento persoal a través dos proxectos de voluntariado para a inclusión social en contextos de diversidade cultural, especialmente naqueles que se dirixen de forma específica á inmigrantes, solicitantes de asilo, refuxio ou protección internacional.
En concreto queremos
1.Afondar sobre os valores que poden mover á xente nova ao exercicio práctico da solidariedade en contextos interculturais, reforzando as mensaxes positivas e vivenciais a través das redes sociais. Indagar sobre as mensaxes de odio e de exclusión que se confrontan coas mensaxes inclusivas.
2.Identificar aqueles espazos de socialización máis favorables ás mensaxes de participación social e á transformación positiva da sociedade a través da acción voluntaria.
3.Realizar un proceso educativo e unha campaña específica para a mobilización da xente nova arredor da creación dunha sociedade máis participativa e tolerante, na que todas as persoas teñan oportunidades e poidan desenvolver unha vida digna.
4. Incorporar novas persoas voluntarias aos proxectos e servizos da Asociación Diversidades (e doutras entidades), nomeadamente aos que teñen como centro aos adolescentes e á xente nova.
Como traballamos?
Este proceso formativo que denominamos “All In“ desenvólvese a través de xogos e dinámicas de grupos, e ten como principais competencias a adquirir a empatía, a súa aplicación aos contextos de diversidade funcional, sexual ou cultural, a capacidade de construír relacións a partir das mensaxes-eu, a escoita activa e a reformulación.
