Monthly Archives: Marzo 2014

  • -

Obradoiros de diversidade cultural no IES Mugardos

O IES Mugardos foi hoxe o anfitrión duns obradoiros de interculturalidade que teñen por finalidade realizar un achegamento á cultura e á realidade xitana na nosa terra, partindo da experiencia cultural de cada quen, da valorización da propia experiencia como base para a valorización da experiencia allea. Os obradoiros desta mañá serviron tamén para traballar a empatía, a asertividade e a escoita activa, habilidades sociais imprescindibles para a convivencia e para o desenvolvemento persoal. Participou o alumnado de 1º e 2º da ESO, en dinámicas que tiñan como base os textos de Eduardo Galeano (El mundo patas arriba) e unha pintada nun muro dunha cidade, que nos lembra a interdependencia entre países e culturas na nosa vida cotiá.

Estes obradoiros terán continuidade o vindeiro 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, en que completaremos a xeira con estudantes de 3º de ESO e PCPI. Os obradoiros inclúen, ademais, unha sesión co profesorado en que traballaremos a continuidade da abordaxe da convivencia coa diversidade cultural.


  • -

  • -