UN GRUPO DE PROFESIONAIS DE SERVIZOS SOCIAIS ROMANESES VISITA GALICIA

  • 1

UN GRUPO DE PROFESIONAIS DE SERVIZOS SOCIAIS ROMANESES VISITA GALICIA

A Asociación Diversidades recibirá un grupo de cinco profesionais que durante quince días coñecerán os sistemas de mediación intercultural.

Visita LdV Mobility Project 2014 - Foto Faro de Vigo

Foto Faro de Vigo

VIGO, 16 DE MAIO DE 2014: Un grupo de cinco profesionais de servizos sociais procedentes de Romanía visitará Vigo entre o 18 de maio e o 1 de xuño para coñecer os sistemas de mediación intercultural respecto da Educación, a Sanidade e os Servizos Sociais en Galicia. Por segundo ano consecutivo, a Asociación Diversidades, de Vigo, será a anfitrioa desta experiencia, en colaboración con Dual Smart de Brasov (Romanía). Este programa formativo denominado European training for social mediators (Formación europea para mediadores sociais) é un Programa de Mobilidade financiado pola Axencia do Programa Europeo Leonardo da Vinci.
Dentro do programa formativo inclúense visitas a Centros Escolares da cidade, FOANPAS, AYUVI, Radio ECCA, un Centro de Saúde, programa Na Rúa, o Centro de Emerxencias da Muller, AGAMME e CFR de Ferrol e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O sábado 24 gozarán dunha viaxe a Cíes por cortesía da Concellería de Turismo do Concello de Vigo.
Con esta visita, a Asociación Diversidades, especializada en inclusión social da poboación romanesa en Vigo, pretende seguir creando lazos de solidariedade e de coñecemento profesional entre a nosa cidade e Romanía.


1 Comment

Santiago González Avión

16th Maio 2014 at 3:16 p.m.

Reblogged this on Abrente incerto.