Relatorio no marco do proxecto Integrating Gypsy Travellers into our school

  • -

Relatorio no marco do proxecto Integrating Gypsy Travellers into our school

Relatorio en FerrolFerrol. 20 de maio de 2014. O proxecto Comenius “Integrating Gypsy Travellers into our school” liderado polo Concello de Cardiff, a través da súa concellería de Educación e a participación directa dun dos Centros Educativos da Cidade, ten como contraparte ao Centro de Formación e Recursos para o Profesorado de Ferrol, e aos Centros Educativos CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira e ao CPR Plurilingüe santa Xoana de Lestonac.

O proxecto celebrou unha xornada de intercambio durante o luns 19 e o martes 20 de maio. Durante a xornada do martes, Belén Arranz e Santiago G. Avión, da Asociación Diversidades, presentaron un relatorio baseado en casos prácticos do CPI O Toural de Vilaboa, e centrado na descrición da tipoloxía de familias segundo a súa desmotivación, conflitividade ou orientación ao logro, o que moldea o tipo de resposta que os seus fillos desenvolven en relación á oferta educativa das institucións académicas.

Na xornada participaron tamén os profesionais do Leonardo da Vinci Mobility Project, que tiveron ocasión de coñecer de primeira man a formación do profesorado en España, así como os proxectos de intercambio que se realizan entre nós para a abordaxe das problemáticas educativas dos contextos interculturais. Este tipo de experiencias constitúe a razón de ser do programa de formación de competencias interculturais para profesionais dos servizos educativos e os servizos sociais.