Un grupo de cinco profesionais dos servizos sociais procedentes de Rumanía visitará Vigo entre o 6 e o 18 de outubro para coñecer os sistemas de mediación intercultural nas áreas de Educación e dos Servicios Sociais en Galicia.Por terceira vez consecutiva, a Asociación Diversidades de Vigo será a anfitriona desta experiencia, en colaboración con Dual Smart de Brasov (Rumanía).
Este programa formativo, denominado European Training for Social Mediators (Formación Europea para Mediadores Sociais), é un Programa de Movilidade financiado pola Axencia do Programa Europeo Leonardo da Vinci.
Dentro do programa formativo inclúense visitas a centros escolares da zona e a asociacións e programas coma FOANPAS, programa Ramalladas, AYUVI, ARELA, Fundación IGUALARTE, Radio ECCA, Plan Comunitario de Teis ou programa Na Rúa. O sábado 11 gozarán, ademais, dunha viaxe ás Illas Cíes por cortesía da Concellería de Turismo do Concello de Vigo.
Con esta visita a Asociación Diversidades, especializada en inclusión social da poboación rumana en Vigo, pretende seguir creando lazos de solidaridade e coñecemento profesional entre a nosa cidade e Rumanía.