Monthly Archives: Maio 2015

  • 1

Competencias Clave

Este sábado 23 de maio a Asociación Diversidades desprazouse a Silleda para asistir á realización dos exames anuais dé Competencias- clave, convocadas polo Instituto Galego das Cualificacións da Consellería de Traballo e Benestar.

Un total de once persoas de sete nacionalidades realizaron as probas de nivel dous e unha as de nivel tres. Delas, dez acudiron a Silleda nun autobús financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, outra persoa desprazouse cos medios dunha entidade social e unha última, nun vehículo particular. Acompañaron a xornada a coordinadora das clases de Lingua Española para Mulleres Estranxeiras, Belén Arranz, e o coordinador de Competencias-clave, Santiago G. Avión.

  As probas de Lingua Galega, Lingua Española e Matemáticas desenvolvéronse conforme ao previsible, con maior dificultade para o razoamento matemático. Sen embargo, foi a proba de Lingua Inglesa a que presentou unha dificultade inusual. A presenza dun texto redactado en pasado, inzado de verbos irregulares, complicaba a resolución do exercicio. Ademais, o texto proposto para redactar trataba sobre a reserva dunha mesa nun restaurante, lonxe das presentacións individuais e familiares ás que estamos habituados.

  A pesar destas dificultades, temos a confianza plena en que unha maioría do alumnado vai superar o conxunto das probas, para poder seguir avanzando no seu itinerarios de inserción sociolaboral.