Monthly Archives: Xuño 2015

  • -

Unha carreira profesional prometedora

Celeste na Taberna de AntesCeleste Gómez, que hai agora un ano se convertera na primeira xitana do Concello de Vilaboa en titular en Secundaria Obrigatoria (ESO), ven de avanzar un paso máis tras concluír o seu primeiro curso do Ciclo Medio en Cociña e Gastronomía no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. Durante este verán será cociñeira de A Taberna de Antes, un local con encanto situado na parroquia de Santa Cristina de Cobres, Vilaboa. Comeza así unha carreira profesional, directamente relacionada co seu ámbito formativo, que promete darlle / darnos moitas alegrías.


  • -

  • -

Éxito nas probas de Competencias Clave 2015

17803919590_7b5bee397c_o
Vigo, 8 de xuño de 2015.
Un total de 22 persoas participaran nas accións formativas de Competencias-Clave 2014-2015 da Asociación Diversidades. Delas, 14 persoas acudiron á probas presenciais celebradas o pasado 23 de maio, sábado, en Silleda: 13 para os exames de nivel 2 e 1 para o nivel 3. Só un terzo dos participantes nas accións formativas deixaron de acudir ás probas de avaliación, mellorando así os resultados de asistencia acadados durante o curso 2013-2014.

A realización destas  probas ten unha importancia capital na mellora da empregabilidade das persoas en situación de desemprego de longa duración, ao facilitar o acceso aos cursos de Formación AFD, do Servizo Público de emprego.

Resultados globais

Os resultados das probas celebradas deron como resultado un nivel de aprobados do 100% para a única alumna de competencias-clave nivel 3 e na Competencia-Clave de Lingua Española.

Nun segundo chanzo de resultados aparece a lingua galega, co 91% de aprobados (o 90% no vilvel 2). Próximo a ese resultado está a competencia matemática, cun 79%, que se reduce ao 77% considerando exclusivamente o nivel 2.

Moi por debaixo desa media fica a Competencia-Clave en Lingua Inglesa, cun 58% de aprobados (que se reducen ao 56% no nivel 2).

As causas dese resulado tan dispar nunha única materia (Lingua Inglesa, cunha diferenza de 21 puntos porcentuais respecto da seguinte materia con menor éxito), hai que procurala na inusual complexidade da proba de avaliación. Mentres que nas outras tres materias, as probas propostas resultaban moi similares aos modelos traballados na clase, no caso de Lingua Inglesa, os exercicios propostos eran dunha complexidade moi superior.

En total, de 50 posibles, hai 9 materias coa calificación de “Non apto” (18%) e 41 co resultado de “Apto” (82%).

Resultados individuais

Desde o punto de vista dos resultados individuais, o valor que máis se repite, a moda, é ter todas as materias aprobadas. O seguinte resultado en orde de importancia é ter todas as materias aprobadas menos unha.  O redondeo da media tamén son tres competencias aprobadas.

Das catrorce persoas presentadas, 11 teñen aprobadas as materias consideradas como troncais (Matemáticas e Lingua Española), mentres que as outras tres teñen pendentes as matemáticas. En xeral, o alumnado con maiores niveis de exclusión social ten dificultades máis grandes para acadar resultados satisfactorios nas probas, mentres que as persoas con mellores habilidades sociais e menores trazos de exclusión, resolven mellor as probas e acadan mellores resultados.

Competencias-Clave-2014
Conclusións

Respecto dos resultados obtidos polo conxunto das persoas que se presentaron na convocatoria de 2014, o porcentual de aprobados da Asociación Diversidades en 2015 é un 3% inferior á media. Sen embarrgo, o 60% dos presentados non concorreron ás probas de inglés, mentres que o 100% do noso alumnado que non tiña a materia aprobada con anterioridade, realizou a devandita proba. Asemade, a proporción de apobados en lingua inglesa o ano pasado foi do 47%, mentres que do alumnado da Asociación Diversidades foi do 55%, un 8% por riba da media dos que realizaron a proba. Considerando o conxunto da poboación examinada os aprobados en lingua inglesa supuñan o 19%, un 36% menos que o noso alumnado.

No esto de materias, a media de aprobados en galego na pasada convocatoria era do 91,47%, mentres que a nosa foi do 90,91%. Tamén neste caso, a diferenza é que a Asociación Diversidades presentou a esa proba tamén ao alumando estranxeiro (o 100%), mentres que na estatística xeral hai case un 10% de persoas que realizan a proba de lingua española pero non a de lingua galega.

Por último, en Matemáticas, para  poboación xeral temos un 93% de persoas aprobadas, o que supón un 15% máis que para o noso alumnado. Neste caso si que existe unha desvantaxe, pois só un 3% das persoas presentadas non realizan esta proba para o caso xeral.

En resumo, cunha carga académica un 7,5% superior á media, os resultados son un 3,5% inferiores á media, o que significa un 4% por riba da media na superación do conxunto de materias curriculares previstas, un bo resultado que debe seguir mellorando de cara a posteriores convocatorias.