Monthly Archives: Setembro 2015

  • -

Servizos para os refuxiados

wellcomerefugeesA Asociación Diversidades presentou este luns a súa proposta para a acollida na cidade de Vigo de refuxiados sirios (ou procedentes doutros conflitos de Oriente Medio).

Trátase de prestar servizos de interpretación e tradución, de información, de asesoramento e de introdución na sociedade galega, co coñecemento da lingua, dos costumes e do acceso ao mercado de traballo.

Trátase dun servizo complementario respecto dos esenciais de acceso ao aloxamento e manutención inicial, sobre os que están a traballar outras entidades.

Desde a Asociación Diversidades confiamos en que se poida chegar canto antes a un acordo que poña fin ao espectáculo dunha Europa dividida e tentada pola xenofobia nun momento que require unidade de acción e xenerosidade respecto das vítimas das guerras e dos conflitos políticos, económicos, culturais e relixiosos que sacoden Oriente Medio.

Servizos para refuxiados sirios 2015