Monthly Archives: Outubro 2015

  • -

Curso Competencias – Clave 2015 -2016

Category : Formación

Información xeral

O curso de Competencias – Clave da Asociación Diversidades está pensado para facilitar a superación do Exame Oficial de Competencias – Clave que convoca a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar. No seguinte enlace podes atopar toda a información ao respecto.

Curso de Competencias - Clave en VigoCada ano hai unha única convocatoria de exames de competencias – clave, normalmente a finais do mes de maio. Os exames realízanse en Silleda e a Asociación Diversidades facilita transporte para acudir á realización das probas.

Ao superar o exame de Competencias – Clave podemos:

  • Acceder a un Certificado de Profesionalidade (dependendo da nosa vida laboral).
  • Acceder a formación AFD (Cursos do INEM).

Lugar

Centro Municipal de Emprego e Ocupacións. Rúa Oporto 1, 36201 Vigo

Logo concello Vigo

Horarios

Todos os Luns, Mércores e Venres de 16:00 a 18:00

Luns:      16:00    Lingua Española

17:00    Matemáticas

Mércores:             16:00    Lingua Inglesa

17:00    Matemáticas

Venres:                   16:00    Lingua Galega

17:00    Lingua Inglesa

Calendario

1º Trimestre

Inicio: 14 de setembro de 2015

Vacacións: 18 de Decembro de 2015

2º Trimestre

Inicio: 11 de xaneiro de 2016

Vacacións: 18 de marzo de 2016

3º trimestre

Inicio e finalización en función da convocatoria realizada pola Consellería de Traballo e Benestar.

Máis información: Asociación Diversidades www.diversidades.org / info@diversidades.org / 886117990


  • -

Curso de español para mulleres estranxeiras 2015 2016

DSC_0013

Curso de español para mulleres estranxeiras

Clases dende o día 20 de outubro ata o 17 de decembro

Horario:

De 16.00 á 18.00

Lugar:

Oficina de Diversidades: Velázquez Moreno 9, 3º. Of. 313. Vigo

Tf: 886.117.990

Contamos contigo!

www.diversidades.org

Logo concello Vigo