Antía finaliza as súas prácticas

  • -

Antía finaliza as súas prácticas

Fin-practicas-AntiaEste xoves, 31 de marzo, finalizou as súas prácticas do grao en Socioloxía a nosa compañeira Antía Barros. Durante estes dous meses, Antía contribuíu á creación de coñecemento social arredor das problemáticas dos adolescentes inmigrantes, especialmente os romaneses, na cidade de Vigo, colaborou activamente no desenvolvemento das actividades de sensibilización do proxecto Pregatirea Maine, achegouse ás problemáticas das mulleres inmigrantes, de persoas en situación de desemprego de longa duración e ás diferentes cuestións vinculadas coa residencia e o acceso á nacionalidade das persoas estranxeiras. Tamén realizou un importante achegamento á situación social e educativa da comunidade xitana en Galicia.

Agradecemos fondamente a Antía a súa ilusión polo traballo e a súa profesionalidade e desexamos contar coa súa colaboración activa para o futuro.