Monthly Archives: Decembro 2016

  • -
Fin de Curso Sociedade de Acollida 2016

Rematamos o ano!

Tags :

Category : Novas

Este año a Asociación Diversidades despide o 2016 cun bo sabor de boca, podemos dicir que foi un ano cheo de cambios e de boas novas. Dende a ampliación das prestacións dos nosos servizos a un maior número de persoas, ata a posibilidade de mellorar o noso sistema organizativo, destacando o acceso a un novo local máis amplo, ofrecendo unha mellor atención ás persoas e o desenvolvemento de accións formativas, e a ampliación do equipo humano tanto na atención directa coma na acción formativa, e a consolidación do voluntariado.

Pero isto non remata aquí, temos moi boas esperanzas para o ano que entra e desexamos poder alcanzar todas as metas previstas. Esperamos con inquedanza que o 2017 sexa un ano aínda mellor co anterior e que poidamos seguir facendo o noso traballo coa mesma paixón, crendo e loitando por unha mellora social.


  • -
Os rapaces e rapazas do programa Pregatirea Maine na Lonxa de Vigo

VISITA AO PORTO PESQUEIRO DE VIGO

Os rapaces e rapazas do programa Pregatirea Maine na Lonxa de VigoO pasado xoves 22 de decembro tivemos a oportunidade de facer unha visita ao porto pesqueiro de Vigo cos rapaces e rapazas do programa “Pregatirea Maine”, alumnado que participa na preparación das Competencias Clave.

A visita iniciouse pola poxa do peixe de baixura, onde puidemos ver as clases de peixe que se oferta nesta época e o funcionamento da poxa. A seguir, leváronos á zona de altura, coñecendo a forma de organización dos traballadores e a distribución por fases. E por último, visitamos un dos viveiros do porto, coñecendo as variedades de mariscos ofertadas e as variacións dos prezos na época de Nadal.

A experiencia vivida polos rapaces resultou ser unha boa oportunidade para achegarse a un dos sectores máis importantes da nosa cidade, ademais tiveron oportunidade de resolver as inquedanzas que lles xurdían coas explicacións do guía, amosándose moi interesados por coñecer mais o mundo da pesca e da distribución do peixe.

Acción desenvolvida no marco do programa Pregatirea Maine, co financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.


  • -

Felices festas

Category : Convivencia , Novas

Dende Diversidades encántanos estar aquí un ano máis, para desexarvos o mellor nestas datas, en cada un dos segundos do ano. Anhelamos que o 2017 sexa un ano de Paz, Solidariedade e Xustiza Social. Para iso, nós non cesaremos no noso empeño, achegando a nosa conciencia e enerxía, porque cremos na mellora humana e cremos en tí.
Grazas por acompañarnos nesta viaxe de transformación.

O equipo de Diversidades.