VISITA AO PORTO PESQUEIRO DE VIGO

  • -
Os rapaces e rapazas do programa Pregatirea Maine na Lonxa de Vigo

VISITA AO PORTO PESQUEIRO DE VIGO

Os rapaces e rapazas do programa Pregatirea Maine na Lonxa de VigoO pasado xoves 22 de decembro tivemos a oportunidade de facer unha visita ao porto pesqueiro de Vigo cos rapaces e rapazas do programa “Pregatirea Maine”, alumnado que participa na preparación das Competencias Clave.

A visita iniciouse pola poxa do peixe de baixura, onde puidemos ver as clases de peixe que se oferta nesta época e o funcionamento da poxa. A seguir, leváronos á zona de altura, coñecendo a forma de organización dos traballadores e a distribución por fases. E por último, visitamos un dos viveiros do porto, coñecendo as variedades de mariscos ofertadas e as variacións dos prezos na época de Nadal.

A experiencia vivida polos rapaces resultou ser unha boa oportunidade para achegarse a un dos sectores máis importantes da nosa cidade, ademais tiveron oportunidade de resolver as inquedanzas que lles xurdían coas explicacións do guía, amosándose moi interesados por coñecer mais o mundo da pesca e da distribución do peixe.

Acción desenvolvida no marco do programa Pregatirea Maine, co financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.