Monthly Archives: Maio 2017

  • -

  • -

No exame de Competencias Clave

16/05/2017. O sábado 13 de maio estivemos en Silleda para os exames de Competencias Clave 2017.

Cun total de 25 persoas inscritas en Competencias Clave Nivel 2, das que 7 participaban tamén en Competencias clave nivel 3, o noso grupo estaba entre os máis numerosos dos que participaron nas probas, con máis de  3000 persoas inscritas.

As competencias clave son a porta para os certificados de profesionalidade e para a formación AFD (coñecida polo seu antigo nome de “cursos do INEM”), para persoas en situación de desemprego.


  • -
Hafdala Mediación Escolar

Hafdala en “La Voz de Galicia”

Vigo, 9 de maio de 2017. Hoxe Hafdala Mani Luali fala para La Voz de Galicia sobre mediación entre iguais, convivencia e resolución de conflitos.
http://www.lavozdegalicia.es/…/hipe…/0003_201705V9C12993.htm


  • -

Unha vida mellor

Intervención de Belén Arranz nas Xornadas de Inmigración e Integración do ESOMI – Universidade da Coruña

O pasado martes, 2 de maio de 2017, a nosa compañeira Belén Arranz realizou unha intervención nas Xornadas de Inmigración e Integración do ESOMI, na Universidade da Coruña. Pódese consultar o programa completo aquí.

A intervención resume tanto a investigación sobre as dinámicas migratorias dos grupos familiares extensos procedentes de Romanía, pertencentes ás minorías étnicas xitanas, como os longos anos de experiencia na intervención social directa con esta poboación.