Monthly Archives: Agosto 2017

  • -

Pechamos ata o 17 de agosto por festividade local

Category : Novas

Pechamos por festivo localO vindeiro luns, 14 de agosto de 2017, a oficina da Asociación Diversidades Acolle, na rúa García Barbón 36, 3º en Vigo permanecerá pechada por descanso do persoal, co gallo dos festivos en Vigo.

Volvemos o 17 de agosto con ánimo renovado para ofrecervos os nosos mellores servizos!


  • -

Introdución á Sociedade de Acollida

Por terceiro ano consecutivo, poremos en marcha o curso de Introdución á sociedade de acollida para persoas estranxeiras. A formación baséase en dous eixos principais: mellorar o manexo do noso idioma e adquirir coñecementos sobre a sociedade de acollida.

A data de inicio é o día 18 de setembro e se realizará de luns a venres de 10:00h á 13:00h.

Para inscribirse ao curso poden poñerse en contacto connosco no 886 117 990 / 604 02 82 47, ou pasarse pola nosa sede en García Barbón 36, 3º oficina 1. VigoFin de Curso Sociedade de Acollida 2016


  • -
BROS Escola de Segunda Oportunidade

Escola de Segunda Oportunidade

Competencias Clave nivel 2

O próximo mes de setembro poremos en marcha o noso proxecto BROs . Un ano máis queremos ofrecer unha segunda oportunidade ás mozas e mozos de entre 16 e 21 anos que se atopan fóra do sistema educativo, sen o título de graduado en ESO e que desexen adquirir un nivel de cualificación que lles permita mellorar a súa empregabilidade ou o retorno ao sistema educativo.

A formación será unha preparación das Competencias Clave nivel 2, cunha metodoloxía baseada no aprendizaxe por proxectos durante os 9 meses.

O curso comezará o día 18 de setembro de 2017 e finalizará o 18 de maio de 2018.

O horario é de luns á venres de 09:30h.  a 13:30h.

Realizarase na nosa sede en García Barbón 36, 3º oficina 1.

Para inscribirse ao curso poden poñerse en contacto connosco no 886 117 990 / 604 02 82 47, ou pasarse pola nosa sede en García Barbón 36, 3º oficina 1. Vigo