Monthly Archives: Outubro 2017

  • -

17 de outubro Día Internacional contra a pobreza

Vigo. 17 de outubro

A pobreza afecta en España ao 22,3% das persoas que viven no noso país, segundo os últimos datos proporcionados polo INE sobre condicións de vida. Con todo, non afecta a todos os colectivos por igual. No caso dos estranxeiros comunitarios que viven en España máis do 40% vive en situación ou risco de pobreza cifra que aumenta no caso dos estranxeiros non comunitarios que sobe ata o 52%. O que equivale a que case una de cada dúas persoas inmigrantes procedentes de países non comunitarios está en risco de pobreza e/ou exclusión social en España.
A Asociación Diversidades Acolle, membro de Red Acoge, traballa con persoas inmigrantes e refuxiadas en risco de exclusión social e leva 26 anos defendendo os seus dereitos e traballando para que as persoas inmigrantes poidan acceder a unha inclusión real e poidan saír da pobreza. Debemos puntualizar que cando falamos de pobreza non debemos limitar o termo a unha cuestión meramente económica, senón ampliar a visión e entendela como a imposibilidade de cubrir as necesidades básicas para vivir con dignidade.
Pobreza LOS VULNERABLES ENTRE LOS VULNERABLES_