Monthly Archives: Novembro 2017

  • 0

Exposición Enlaza Vigo

Category : Conecta-Cultura

BROS contra a violencia de xénero

O cartel dos rapaces do Proxecto Bros, da Asociación Diversidades

Xa está na rúa do Príncipe en Vigo a exposición Enlaza Vigo contra as Violencias de Xénero.

Vigo. 17/11/2017. Diferentes centros educativos da cidade, tanto de educación formal como non formal, reflexionan colectivamente, crean conxuntamente e expoñen publicamente as súas reflexións para avanzar como sociedade fronte ás violencias de xénero.

Este ano a reflexión xirou arredor das redes sociais como forma de difusión da violencia, pero tamén como ferramenta de cambio e de convivencia.

O pase de diapositivas require JavaScript.


  • 0

ESCOLA DE FAMILIA MOSTEIRO

 O pasado martes tivemos o verdadeiro pracer de arrancar a Escola de Familia Mosteiro, un lugar  de paixón por facer que a ardua tarefa de educar aos fillos e fillas sexa coherente, repleta de sentido común e, o máis necesario, dos alentos, o agarimo e a aceptación incondicional.

Unha aula chea de nais, pais e profesores preocupados e ocupados por pasar de ensinar aos seus máis pequenos a EDUCAR con todas as letras e co corazón, porque educar aos nosos fillos e fillas é darlle as ferramentas que necesitan para que poidan sortear a vida e facer desta a máis plena que lles sexa posible. O martes achegámonos un pouquiño. Grazas á organización e a todos os pais e nais pola súa sensibilidade, inquietude e, sobre todo, por marcar a diferenza.