Monthly Archives: Abril 2018

Primeira saída didáctica do Curso de Comercio

O pasado venres, 13 de abril, o alumnado do curso de Operacións Auxiliares de Comercio realizou a primeira saída didáctica, para coñecer in situ as técnicas de comercialización, vendo exemplos prácticos do contido máis conceptual do curso. A profesora Patricia Blanco acompañou ao grupo polas tendas máis emblemáticas do centro da cidade para poder ver a aplicación concreta das técnicas que presenta en clase.

O grupo manifestou a súa satisfacción coa experiencia, desexando volver a repetila durante as próximas semanas, para continuar afondando nas técnicas de venta.