O noso programa BROS participa no Encontro Europeo de Escolas de Segunda Oportunidade

O noso programa BROS participa no Encontro Europeo de Escolas de Segunda Oportunidade

Matosinhos, 8 de xuño de 2018

Youth Event 2018 MatosinhosA Rede Europea de Escolas de Segunda Oportunidade celebrou esta semana o seu encontro de mocidade (Youth Meeting) e a súa Asemblea anual en Matosinhos, Portugal.

94 persoas, 62 mozas e mozos e 32 profesoras e profesores, pertencentes a 16 escolas e organizacións diferentes de 8 países poidemos disfrutar da excepcional acollida que nos ofreceu a Escola de Segunda Oportunidade de Matosinhos co apoio incondicional da Câmara Municipal de Matosinhos.

Foron tres días intensos, entre o 5 e o 7 de xuño, co que o acto central foi a Conferencia Internacional sobre Escolas de segunda oportunidade, coa participación de Édith Cresson, fundadora do movemento de Escolas de Segunda Oportunidade, das redes Europea, francesa e española e de destacados especialistas do ámbito académico e da sociedade civil portuguesa.

Pero o momento máis importante e emotivo foi o espectáculo final realizado no auditorio público da cidade, con participación de absolutamente todas as persoas presentes no encontro coas máis variadas manifestacións artísticas.

Unha experiencia de convivencia e de aprendizaxe para repetir e para ter en conta durante todo o ano.


Leave a Reply

*