Monthly Archives: Novembro 2018

Aula Social

O pasado venres día 23 de novembro, tivemos a oportunidade de participar na Aula Social que realizan as traballadoras sociais dos centros sanitarios no Hospital Nicolás Peña, na que se presentou, entre outros, o proxecto de Retorno Voluntario que levamos a cabo na asociación. Xunto a nós tamén presentou o seu traballo a Asociación Provivienda coa que tamén colaboramos para dar saída a situacións específicas de vivenda. 
Agradecer ás traballadoras sociais polo seu interese e por convidarnos a participar e a compartir nun espazo tan interesante como necesario.


Proxecto Bros no Programa Enlaza Vigo contra a violencia de xéneron

Enlaza Vigo contra a violencia de xénero

Category : Bros , Igualdade , Novas

Novamente, o mundo do ensino da cidade de Vigo volveu mobilizarse para crear conciencia sobre as diversas formas de violencia contra as mulleres, a instancias do Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade.

Este ano baixo o lema  “MicroMachismos” abordáronse situacións da vida cotiá que están completamente aceptadas e normalizadas, pero que reflicten unha fonda discriminación contra as mulleres. As mozas e mozos participantes no Proxecto Bros, enviaron unha proposta sobre manspreading e achegáronse ao Pavillón das Travesas na mañá do venres 23 de novembro para participar no acto central da convocatoria municipal de Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero.