Pacto mundial sobre migración

Foto OIM 2017

Pacto mundial sobre migración

Vigo. 12 decembro 2018. A Asociación Diversidades Acolle, na súa condición de entidade membro da federación Red Acoge, esixe ao Goberno medidas concretas para cumprir o Pacto Mundial sobre Migración para unha Migración Segura, Ordenada e Regular, asinada o día 10 de decembro en Marrakech.

Pacto mundial sobre as migracións

Tras a firma do Pacto, España non pode negar o auxilio a ningunha embarcación que se atope en perigo en alta mar, manter as devolucións sumarias en Ceuta e Melilla, nin continuar o seu actual acordo bilateral con Marrocos.

Como representante da sociedade civil, Red Acoge asistiu á firma en Marrakech do Pacto Mundial para a Migración Segura, Ordenada e Regular. Rubricado polo Estado español, trátase do primeiro gran marco de cooperación multilateral que aborda a gobernanza da migración de forma conxunta, recoñecendo que “ningún Estado pode abordar a migración en solitario”.

O Pacto parte da concepción común de “que a migración é un dos trazos distintivos do noso mundo globalizado, que vincula ás sociedades dentro de todas as rexións e tamén a nivel interregional” e marca 23 obxectivos relacionados coas políticas nas fronteiras, a discriminación e o racismo, os plans de mobilidade laboral e outros aspectos relacionados cos efectos positivos da migración no desenvolvemento dos países.

Hai escasamente un mes, o Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación español anunciaba o compromiso de España co Pacto, compartindo a necesidade de non “enfrontar os numerosos retos ligados ao fenómeno migratorio de formaindividual ou illada”.

A pesar de ser un Pacto “non vinculante xuridicamente” no que se reafirma o respecto á soberanía dos Estados a adoptar as súas propias políticas migratorias, tamén se fundamenta nos tratados internacionais de dereitos humanos que obrigan aos Estados a respectar, protexer e garantir os dereitos humanos de todas as persoas, sen discriminación algunha.

A firma deste Pacto implica non só a abordaxe multilateral da migración, senón un cambio radical nas políticas de disuasión, externalización, militarización e robustecemento da seguridade do control de fronteiras levadasa cabo pola maioría de países, que causaron miles de mortes e supoñen unha grave vulneración do dereito á vida das persoas migrantes.

Tras a firma deste Pacto, o España non pode negar o auxilio a ningunha embarcación que se atope en perigo en alta mar, como sucedía hai tan só unhas semanas no caso do pesqueiro español que rescatou a 12 persoas fronte ás costas de Libia. Tampouco pode manter a práctica das devolucións sumarias como vén facendo até agora na fronteira de Ceuta e Melilla. Nin pode manter un acordo bilateral como o que ten asinado con Marrocos.

En definitiva, o Pacto considera que as fronteiras internacionais non son zonas de exclusión ou excepción das obrigacións dos dereitos humanos. Os Estados teñen dereito a exercer a súa xurisdición nas mesmas, pero deben facelo de conformidade coas súas obrigacións nesta materia.

Por todo isto, Red Acoge insta o Estado español a que desenvolva as medidas concretas necesarias para cumprir cos compromisos asumidos tras a firma do Pacto Mundial para a Migración Segura, Ordenada e Regular, entre elas:

  • Derrogar a Disposición final primeira sobre oRéxime especial de Ceuta e Melilla establecido na Lei de Seguridade Cidadá, queautoriza as devolucións sumarias de inmigrantes detectados na liña fronteirizada demarcación territorial destas cidades.
  • Cumprir en todos os casos coa súa obrigación de “prestar auxilio a calquera persoa que se atope en perigo, independentemente da nacionalidade ou status desas persoas ou as circunstancias en que foron atopadas”. Toda embarcación en perigo debe ser socorrida.
  • Modificar o modelo de cooperación con Marrocos,e poñer fin a unha política de fortalecemento dirixida á contención de todas aquelas persoas que queren chegar aos países europeos, o que supuxo redadas violentas por parte das forzas de seguridade de Marrocos nas zonas e barrios onde se asentan centos de persoas migrantes que chegaron doutros países africanos na súa ruta migratoria.
  • Asegurar a protección xurídica efectiva dos nenos e nenas non acompañados e velar por que se aplique o principio de non devolución e e que se teña en conta o interese superior do neno como consideración primordial, e impartir aos profesionais pertinentes formación e orientación adicionais sobre a determinación do interese superior dos menores.
  • Equiparar os dereitos laborais das traballadoras do fogar no Réxime Xeral da Seguridade Social no marco do Estatuto dos Traballadores.
  • Pechar os Centros de Internamento de Estranxeiros que privan de liberdade ás persoas por feitos que só son faltas administrativas.
  • Desenvolver a Axenda 2035 proposta polo Relator Especial sobre os dereitos humanos dos migrantes como folla de ruta para o cumprimento do Pacto segundo o Dereito Internacional dos Dereitos Humanos.
  • Ratificar a Convención Internacional sobre a Protección dos Dereitos de Todos os Traballadores Migrantes e dos seus Familiares, como principal instrumento do Dereito Internacional dos Dereitos Humanos para a defensa e protección das persoas migrantes.

Red Acoge cre que as políticas cuxo obxectivo é frear e limitar a migración por vez da súa xestión só serven para exacerbar os riscos aos que se expoñen os migrantes e crear zonas de ilegalidade e impunidade nas fronteiras.

De igual maneira considera que ante o aumento dos grupos políticos que manteñen ideas xenófobas e racistas faise necesario máis que nunca un pacto sobre políticas migratorias que poñan no centro os dereitos das persoas.