Curso para solicitantes de protección internacional
Category : Novas , Refuxiadas , Sociedade de Acollida

Curso en VIGO
Prazo de inscrición: del 21 de febreiro al 1 de marzo
de 2019.
As persoas interesadas en realizar o curso deberán:
- Cubrir o formulario accesible no seguinte
enlace: https://goo.gl/forms/OrRtWE0oh4LFMJA42 - Presentar, dentro do prazo de inscrición, a documentación
acreditativa de haber solicitado ou ter concedido o estatuto de protección internacional no seguinte enderezo: Asociación Diversidades Acolle. R/García Barbón, 36, 3º, Oficina 1. 36201
Vigo. Tel. de contacto 886 117 990.
Os formularios de inscrición que non se acompañen da presentación da documentación acreditativa, non serán tomados en conta.
REQUISITOS MÍNIMOS DE ADMISIÓN
Ter acreditada a condición de solicitante do estatuto de protección internacional ou estar en posesión do mesmo.
CONFIRMACIÓN DA ADMISIÓN
Transcorrido o prazo de inscrición, os/as solicitantes admitidos/as, así como aqueles/as que non obteñan praza, serán notificados vía correo electrónico.
En caso de que la demanda de solicitudes de inscrición supere o número de prazas previsto, se efectuará un proceso de selección para que se requirirá aos/ás solicitantes, se fose necesario, documentación adicional.
Dita selección realizarase en base aos seguintes criterios, no orde en que figuran:
- Data de solicitude de protección internacional máis recente
- Acción afirmativa de xénero
- Diversidade funcional
- Solicitante con familiares a cargo
GASTOS DE DESPRAZAMENTO
Os/as asistentes ao curso poderán recibir ata un máximo de 60€ en concepto de reembolso de gastos de desprazamento en transporte público. Para iso deberán presentar, unha vez finalizado o curso, os xustificantes
dese gasto (billete ou xustificante de pago que acredite o desprazamento en las fechas de impartición del curso).