
O pasado 10 de maio rematou o curso sobre “Introdución á Sociedade á de Acollida” correspondente ao primeiro semestre de 2019. O curso contou cunha notable participación, especialmente de persoas procedentes de Brasil e, en menor medida, de China.
Como ven sendo habitual, a aprendizaxe da lingua española e o coñecemento do contexto sociocultural e administrativo do nos país foron os contidos centrais impartidos durante o curso.
A Parroquia do Sagrado Corazón de Xesús volveu facer de anfitriona esta iniciativa de formación que conta xa con cinco anos de percorrido.
Novamente o curso foi posible mediante o financiamento do Fondo Social Europeo e da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Published by