MIGRACIÓNS E CRISE HUMANITARIA NO MEDITERRÁNEO

MIGRACIÓNS E CRISE HUMANITARIA NO MEDITERRÁNEO

Mércores 28 Agosto 2019

O incumprimento da obrigación dos estados europeos de protexer e respectar o dereito á vida das persoas migrantes e refuxiadas pon de manifesto a necesidade de políticas migratorias garantes dos dereitos humanos. As entidades asinantes reivindican unha gobernanza migratoria respectuosa cos dereitos humanos e que garanta a mobilidade humana. A Asociación Diversidades Acolle, como membro de Red Acoge, asina o seguinte comunicado.

A actual política migratoria dos países europeos e da propia Unión Europea ten como principal obxectivo o peche de fronteiras e o bloqueo á libre circulación de persoas. Ao mesmo tempo, a falta de alternativas a estas políticas migratorias obriga á entrada clandestina ao continente e, portanto, empuxa a miles de persoas a arriscar a súa vida nunha fronteira ou no mar. No primeiro semestre do ano 2019 máis de 800 persoas perderon a vida no Mediterráneo, a pesar de ser o de menor intentos de cruzalo nos últimos 3 anos, por tanto non hai unha crise de chegadas como se está a dicir, senón unha crise de mortes e omisión de socorro.

Son moitos os factores de expulsión que levan a unha persoa á decisión de deixar o seu país, todos relacionados coa pobreza, a desigualdade, a violencia, a discriminación, o cambio climático e a mala gobernanza. A resposta por parte dos Estados membros ás correntes migratorias foi, até agora, aumentar progresivamente os obstáculos á mobilidade con políticas de represión e disuasión que pon o foco na seguridade das fronteiras e non en dar trato humano aos migrantes e protexer os seus dereitos.

As actuais políticas migratorias dos países europeos son un claro exemplo ao ter como principais alicerces a militarización, a disuasión e a externalización do control das fronteiras. A eliminación de misións de procura e rescate de persoas no mar, a criminalización da solidariedade, o peche dos portos ás embarcacións que salvan vidas no mar, a brutalidade policial nas fronteiras, o pago de millóns de euros a países como Libia, Turquía ou Marrocos para que bloqueen nas súas fronteiras ás persoas migrantes forman parte desta táctica de ameaza directa para impedir que estas persoas cheguen aos países europeos.

Fronte ás operacións de salvamento e asistencia humanitaria como o Mare Nostrum, que en tan só 18 meses logrou rescatar a case 100.000 persoas migrantes, recuperar 499 corpos e deter a 728 traficantes; actualmente a UE prioriza a xestión e garda de fronteiras a través dunha moi limitada acción da axencia europea Frontex, aínda que a evolución do orzamento desta Axencia foi incrementándose nestes anos para centrarse na vixilancia das fronteiras, mentres que o orzamento para Salvamento Marítimo conxélase e mesmo se reduce. O rescate de persoas no mar é un labor imprescindible e resulta indigna a omisión ao socorro por parte da Unión Europea, deixando morrer por centos de persoas que tentan cruzar o Mediterráneo. Os Estados han de garantir a axuda a calquera persoa en perigo no mar, sen distinguir por razóns da nacionalidade, o status particular do individuo ou as circunstancias nas que se atopa.

Ante este grave incumprimento das obrigacións internacionais dos Estados con relación a proporcionar socorro e axuda humanitaria e a crise de gobernabilidade da UE, son as organizacións da sociedade civil as que salvan vidas. ONGs formadas por cidadáns e cidadás da Unión Europea que representan todo aquilo que motivou e ilusionou o proxecto europeo de unión nos seus inicios: dignidade humana, solidariedade e conciencia social e que agora nin a UE nin os gobernos dos seus países integrantes parecen lembrar nin practicar. Por iso, débese recoñecer o traballo encomiable e vital que fan. Con todo, a criminalización e persecución destas organizacións forma parte da táctica de disuasión seguida polos Estados, que pretenden poñer fin ás súas accións aducindo que o salvamento crea un factor de atracción, chegando a tipificar como delito esta acción. Unha UE na que non sexa básica a protección da vida de calquera ser humano é unha Unión Europea que non está pensada para as persoas e, por tanto, pon en perigo o concepto de dereitos sociais que proclamaba nos anos da súa fundación para todas e todos.

Como sinalou o Relator Especial de Nacións Unidas sobre os dereitos humanos dos migrantes “A imposición de limitacións á mobilidade é parte do problema e non da solución. A tráxica morte de migrantes en tránsito puxo clara e visiblemente de manifesto a continua ineficacia da xestión das fronteiras… A única solución é adoptar políticas migratorias ben xestionadas que faciliten a mobilidade das persoas migrantes e proporcionen aos Estados os controis de fronteiras que necesitan”.

As fronteiras internacionais non poden converterse en zonas de exclusión ou excepción das obrigacións dos dereitos humanos. Os Estados teñen dereito a exercer a súa xurisdición nas súas fronteiras internacionais, pero deben facelo conforme ás súas obrigacións nesta materia. Os Gobernos non cumpren a obrigación de protexer o dereito á vida de acordo co dereito internacional dos dereitos humanos e o dereito internacional humanitario, realizando violacións sistemáticas dos dereitos humanos nas súas fronteiras, pisando o dereito ao asilo, a protección de menores de idade e de vítimas de trata, e negando a cidadanía a millóns de persoas que son desposuídas dos seus dereitos polo feito de non ter a súa situación administrativa en regra.

Por todo iso, sen facer unha lectura limitada e a curto prazo, débese ter unha gobernanza migratoria respectuosa cos dereitos humanos das persoas e que garanta a mobilidade humana. Ante a dramática situación de miles de persoas que morren no mar, a Unión Europea non pode permanecer impasible e debe levar a cabo unha acción máis sólida, máis predicible e coordinada, con principios, valores e identidade.

As entidades asinantes, ante esta situación, que non se trata dun feito novo, e ao auxe e influencia do populismo xenófobo queremos apelar á responsabilidade e solidariedade dos Estados para que promovan unha política migratoria que protexa os dereitos humanos e liberdades fundamentais en materia de asistencia e acollida, que combata as causas reais das migracións e constrúa convivencia.

Entidades asinantes do comunicado:

  • AcciónEnRed Andalucía
  • Aculco Asociación Sociocultural y de Cooperación al Desarrollo
  • AESCO (América, España, Solidaridad y Cooperación).
  • AAHR No Borders (Asociación Humanitaria de Ayuda al Refugio)
  • Almería Acoge
  • AME Valencia
  • APDH (Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía)
  • ASAD (Asociación Solidaria Andaluza de Desarrollo)
  • Asamblea Feminista Unitaria Granada
  • ASCUA (Asociación Solidaria de Cooperantes Universitarios Andaluza)
  • ASNUCI (Asociación de Nuevos Ciudadanos por la Interculturalidad)
  • ASPA (Asociación Andaluza por la Solidaridad y la Paz)
  • Asociación AYUMEN de Ayuda al menor de Córdoba
  • Asociación de Venezolanos Amigos del Mundo (AVAM)
  • Asociación Marroquí para la Integración de los Inmigrantes
  • Asociación Primero Vivienda Granada
  • CIC-BATÁ
  • Colegio Profesional de Educadores/as Sociales Extremandura
  • Comité Oscar Romero de Cádiz
  • Comunidades Cristianas Populares de Andalucía
  • Comunidades Cristianas Populares de Granada
  • CONGRA (Coordinadora Granadina de ONGDs)
  • Consejo Andaluz de Colegios Profesionales de Trabajo Social
  • Coordinadora 12D En pie de Paz
  • Ecos do Sur
  • Emigrados Sin Fronteras
  • Entreculturas
  • Federación Andalucía Acoge
  • Federación de Asociaciones de Inmigrantes de Bizkaia Fedaib
  • Federación de SOS Racismo
  • Federación Red Acoge
  • Foro Galego de Inmigración
  • Fundación Centro Persona y Justicia
  • Fundación Cruz Blanca
  • Fundación Sevilla Acoge
  • Grupo Cristiano de Acción y Reflexión de Cádiz
  • Irídia, Centro por la Defensa de los Derechos Humanos
  • Itaka Escolapios
  • Jóvenes pensionistas
  • Las organizaciones sociales de redes Interculturales
  • Madre Coraje
  • Mujeres del Mundo Cádiz Conil
  • Munduko Emakumeak Mujeres del Mundo Babel
  • Ojos del Sur
  • Ongi Etorri Errefuxiatuak Bizkaia
  • Oxfam Intermón Granada
  • Plataforma Ciudadana Zona Norte de Granada.
  • Plataforma metropolitana de Granada para la defensa de las pensiones públicas
  • PROEMAID (Asociación Professional Emergency Aid)
  • Provivienda
  • Proyecto Iusmigrante
  • PSICABIS (Asociación Psicología para el cambio y el bienestar social)
  • Red de Acogida del Puerto
  • Red de Economía Alternativa y Solidaria de la región de Murcia.
  • Red Educativa El Varco del Exilio
  • ​Red Española de Inmigración y Ayuda al Refugiado
  • Red Granadina por el Refugio y la Acogida (Redgra)
  • Red Interlavapiés
  • Salud Entre Culturas
  • Semillas de Esperanza
  • Senderos de Maíz
  • Servicio Jesuita a Migrantes (SJM)
  • Sindicato de Periodistas de Andalucía
  • Unión Provincial de CCOO-Granada
  • Unión Provincial UGT Granada
  • Vejer Sin Fronteras

Leave a Reply

*