Onte, 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, o noso grupo de Bros visitou o Fogar San Rafael.
Poidemos coñecer de primeira man esta interesantísima experiencia de inclusión social pensada nas persoas con discapacidade intelectual e realizada con paixón e profesionalidade.
Agradecemos á súa directora, Mercedes, e á traballadora social Patricia Torrado a oportunidade que nos deron e pola súa hospitalidade. E queremos facelo coas palabras é a sensibilidade das mozas e mozos que fan Bros cada día:
O martes 10 estivemos de visita no Centro San Rafael de Vigo. Estamos moi agradecidos a Mercedes, directora, e Patricia, traballadora social, pola excelente presentación que nos fixeron das distintas áreas do centro e, sobre todo, a todas as persoas integrantes que nos recibiron cos brazos abertos e grandes sorrisos.
O grupo Bros de Diversidades aprendeu a aprender que a inclusión e a diversidade están en cada un de nós, e con eles construímos o día a día dunha vida. Unha imaxe vale máis que mil palabras, e quedámonos co agarimo recibido, a alegría que nos contaxiaron, a motivación e a capacidade de superación que nos demostraron; no noso corazón temos claro que queremos volver e que queremos que todos os cidadáns de Vigo descubran a maxia que existe en todo o persoal e usuarios de San Rafael.