Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O 11 de febreiro conmemórase a nivel internacional o Día  da Muller e da Nena na Ciencia coa finalidade de incentivar o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e nenas na ciencia. Pretende servir como empoderamento das mulleres e nenas e como recordatorio de todas as aportacións que elas mesmas teñen feito ao longo da historia, de forma que nos aproximemos cada vez máis á igualdade de xénero.

No Centro de Protección Internacional de Tui, decidimos conmemorar este día a través de varias actividades: unha primeira na que visibilizar a múltiples mulleres que ao longo da historia se dedicaron de forma moi exitosa á ciencia e inventaron obxectos e productos básicos para o noso día a día no centro.

Por outra parte, e para finalizar a xornada, tivemos a sorte de contar coa presenza de Marta Pérez Martínez e Elena Couñago Sánchez da Asamblea Feminista Paxaretas, quenes a través dunha teleconferencia fixeron un percorrido polas aportacións científicas de diversas mullers ao longo da historia ata acabar relatando as súas propias vivencias e logros dentro do mundo da ciencia.

Co obxectivo de fomentar a participación e sensibilización ca temática, invitouse as persoas presentes a compartir historias de mulleres relevantes nos seus países de procedencia.