Grupo de debate sobre xénero, cultura e relixión

Grupo de debate sobre xénero, cultura e relixión

No Centro de Acollida de Tui tivemos a sorte de contar, nos meses de agosto e septemrbo con Laura Lorenzo, voluntaria experta en socioloxía.  Aproveitando os seus coñecementos e a súa gran implicación, desenvolvéronse varias sesións de talleres, unha coas mulleres e outra cos homes, onde se reflexionou sobre o xénero, a cultura e a relixión como fonte de opresión e problemas que determinan a posición das mulleres e os homes na familia e sociedade pero tamén como espzos de oportunidades e convivencia.

Estas sesións resultaron moi interesantes para as persoas participantes, especialmente para o grupo de mulleres, as cales resaltaron o importante que lles parece poder compartir experiencias entre elas, para apoiarse e aprender das outras mulleres ferramentas para xestionar diferentes situacións que se vaian presentando na súa vida e ver que non son as únicas que se ven afectadas polo xénero, senón que é un problema común, mostrando unha gran satisfacción ao coñecer o concepto sororidade.