Saída, reciclaxe e medioambiente

Saída, reciclaxe e medioambiente

No Centro de Acollida de Tui estamos moi comprometidos co medioambiente, valores que tratamos de transmitir a todas as persoas que conviven no centro incluídos os máis pequenos e pequenas da casa.

Durante os últimos meses estivemos traballando a través de varias actividades o respeto polo medioambiente e a importancia do seu coidado. Para iso, cos nenos e nenas estivemos traballando a importancia de reciclar e reutilizar, coñecendo os diversos recursos disponibles para separar os residuos que xeramos ou darlles unha nova vida.

No mes de septembro, cando xa sabiamos como facelo, decidimos poñelo en práctica e saír fora do centro, á zona do río Miño, para poñer en práctica todo o que aprenderamos.

Saímos dando un paseo ata o río, alí recollemos todo o lixo que atopamos ata encher unha bolsa. Tras esta sorpresa, decidimos tomar un descanso e recobrar forzas merendando para despois, coas enerxías recuperadas, clasificar e tirar todo o lixo nos contenedores correspondentes.