Saída reciclaxe e medioambiente

Saída reciclaxe e medioambiente

Tui, 9 de septembro 2020

No Centro de Acollida de Tui estamos moi comprometidos co medioambiente. Valores que tratamos de transmitir a todas as persoas que conviven no centro incluídos os e as máis pequenos/as da casa.


Durante os últimos meses estivemos traballando a través de varias actividades o respecto polo medioambiente e a importancia do seu coidado. Para iso cos nenos e nenas estivemos traballando a importancia de reciclar e reutilizar, coñecendo os diversos recursos dispoñibles para separar os residuos que xeramos ou darlles unha nova vida.


No mes de septembro cando xa sabiamos como facelo, decidimos poñelo en práctica e saír fora do centro, á zona do río Miño, para poñer en práctica todo o que aprenderamos.


Saímos dando un paseo ata o río, alí recollemos todo o lixo que atopamos ata encher unha bolsa! Tras esta sorpresa decidimos tomar un descanso e recobrar forzas merendando. Para despois coas enerxías recuperadas clasificar e tirar todo o lixo nos contedores correspondentes.

Toda unha aventura! Que nos fixo darnos conta de que coidar do medioambiente é unha tarefa aínda pendente da que todos e todas debemos ser responsables.