Avance do centro de Tui

Avance do centro de Tui

Tui, 15 de outubro 2020

No mes de abril comezou a nova aventura de Diversidades coa apertura do centro de acollida en Tui! Moito avanzouse… e seguimos avanzando!

No marco do PROXECTO AIA-ACOLLIDA e PROXECTO AIA-E (ACOLLIDA, INTEGRACIÓN E AUTONOMÍA) PARA O EMPREGO, subvencionados pola Dirección Xeral de Integración e Atención Humanitaria, e este último cofinanciado polo Fondo Social Europeo, levamos 6 meses de traballo. Ademais da posta en marcha do centro e todo o labor que conleva a organización e funcionamento diario realizáronse múltiples actividades:

Talleres semanais para unha mellora na integración das persoas residentes no centro:

  • Talleres de contextualización: sistema educativo español, organización do sistema político español, economía doméstica.
  • Talleres de asesoramento: para a procura de vivenda, apertura de conta.
  • Igualdade de xénero e oportunidades.
  • Medio ambiente.

Importante tamén a aprendizaxe de idiomas, levando a cabo talleres de galego e clases intensivas de español para aquelas persoas residentes que o necesitan.

Na área de emprego desenvolvéronse talleres que dotan ás persoas usuarias de recursos e ferramentas necesarias para a mellora da empregabilidade, asesoramento e información para o acceso a formación, ademais de titorías individuais nas cales se establece de maneira conxunta obxectivos e itinerario a seguir cara á procura de emprego.

Sen esquecernos das actividades de lecer como saídas pola contorna de Tui e a realización de festas tradicionais como a noite de San Xoan.

Un proxecto levado con moita ilusión! CONTINUAMOS!