Avances do Centro de Acollida de Tui

Avances do Centro de Acollida de Tui

No mes de abril comezou unha nova aventura de Diversidades coa apertura do Centro de Acollida en Tui. Moito avanzouse e seguimos avanzando.

No marco do proxecto AIA (Acollida, Integración e Autonomía), subvencionado pola Dirección Xeral de Integración e Atención Humanitaria, e o proxecto AIA-E (Acollida, Integración e Autonomía para o Emprego), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, levamos seis meses de traballo.

Ademáis da posta en marcha do centro e toda a labor que conleva a organización e funcionamento diario, realizáronse múltiples actividades, entre as que salientamos os obradoiros semanais para unha mellor integración das persoas residentes no centro, entre eles:

. Obradoiros de contextualización sobre o sistema educativo español, a organización do sistema político español ou economía doméstica.

. Obradoiros de asesoramento para a procura de vivenda ou apertura de contas bancarias.

. Igualdade de xénero e oportunidades.

. Medio ambiente.

Importantes tamén foron as formación sobre aprendizaxe de idiomas, levando a cabo obradoiros de galego e clases intensivas de español para aquelas persoas residentes que o necesitaran.

Na área de emprego desenvolvéronse obradoiros para dotar as persoas usuarias con os recursos e as ferramentas necesarias para a mellora da empregabilidade, así como asesoramento e información para o acceso a formación, ademáis de titorías individuais nas cales se establecen, de maneira conxunta, obxectivos e itinerarios a seguir de cara á procura de emprego.

Alén das acción de formación e información, leváronse a cabo actividades de lecer como saídas pola contorna de Tui e celebración de festas tradicionais como a noite de San Xoan.

¡Un proxecto levado a cabo con moita ilusión!

¡Continuamos!