Comezo da festividade de Nadal no Centro de Acollida de Tui

Comezo da festividade de Nadal no  Centro de Acollida de Tui

Coa chegada do mes de decembro, no Centro de Acollida de Tui, comezamos coa preparacións e celebración das festividades de Nadal.

Neste centro conviven persoas de moitos lugares que traen consigo tradicións e costumes diversas, isto significa que as festividades de Nada aquí estenderánse durante mes e medio, dende o primeiro de decembro ata mediados de xaneiro.

A primeira celebración xa tivo lugar o 1 de decembro, día no que demos a benvida ao Nadal cunha comida típica de Venezuela, elaborada polas propias persoas usuarias, na que tivemos a sorte de degustar tres platos típicos do Nadal neste país: pan de xamón, hallacas e ensalada de galiña. Foi un momento diferentes e distendido que permitiu que todas as persoas que viven no centro e as persoas que conformamos o equipo, puideramos coñecer máis das orixes e costumes dos demais, todo acompañado pola exquisita comida e acolledor ambiente aportado pola decoración elaborada especialmente para esta celebración.

Para proseguir coas preparacións das vindeiras festividades, continuamos coa decoración do centro na que, entre todos e todas, tratamos de engalanar os espazos comúns para crear un ambiente de festividades, calidez e celebración. Para iso elaboramos manualmente e con materiais reutilizados, algunha decoración que despois distribuimos polo centro, a maiores doutros adornos tradicionais que xa tiñamos e algúns outros que foron doados.