Día Internacional dos Dereitos Humanos

Día Internacional dos Dereitos Humanos

Con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se celebra cada 10 de decembro para conmemorar a adopción da Asamblea Xeral das Nacións Unidas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, realizouse un obradoiro a cargo das persoas usuarias do Centro de Acollida de Protección Internacional.

Nesta charla tivemos a oportunidade de coñecer qué son os Dereitos Humanos, a súa historia e características, así como varios exemplos que nos permitiron reflexionar e debater sobre este asunto.