Día das línguas maternas

Día das línguas maternas

O día 21 de febreiro, celebrouse o día das linguas maternas. Nada mellor que celebralo no Centro de Acollida de Tui, onde residen culturas e linguas diversas, tan diversas como cada unha das persoas que a integran. 

Contouse nesta ocasión coas persoas usuarias que están tanto en Primeira como en Segunda Fase do Programa, para a elaboración duns carteis a disposición permanente das persoas residentes e equipo de traballo, de diversas palabras en idioma xeorxiano, galego, árabe e caló. 

Ademáis, a pesares de que todos falamos en español, tamén decidimos por en valor a diversidade lingüística entre os diversos países de orixe das persoas residentes.

¡Seguimos aprendendo!