Día Internacional Contra o Cancro

Día Internacional Contra o Cancro

O 4 de febreiro conmemórase internacionalmente o Día Contra o Cancro co obxectivo de visibilizar e crear concientización sobre unha problemática global que afecta a millóns de persoas ao ano.

No Centro de Protección Internacional de Tui tomamos parte da campaña internacional #YoSoyYVoyA, difundindo a mensaxe e tratando de crear sensibilización no propio centro:

Prestamos especial interese aos factores de risco modificables xa que son sobre os que podemos intervir. Coidar a alimentación, controlar o consumo de alcohol e tabaco e realizar actividade física son accións que todas as persoas, en maior ou menor medido, podemos controlar e que Terán un gran impacto positivo na nosa saúde en xeral en na prevención do cancro en particular.