VIGO, 5 MARZO 2021

Este mércores, a Fundacion Erguete-Integracion convidou ao alumnado de Bro´s a visitar o seu programa “Calor e café” na rúa Jacinto Benavente, en Vigo. O seu labor é ofrecer alimentación básica para persoas en situación de emerxencia social e vincular a estas persoas cos servizos de saúde e cos recursos sociais.

As mozas e mozos do proxecto Bros recibiran previamente unha sesión de prevención impartida por técnicos da Fundación Érguete Integración. Nesta ocasión, foron eles quen se desprazaron para participar nun proxecto de Érguete e puideron axudar a repartir café, bocadillos e froita.

Esta experiencia enmárcase na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo (ApS), que a Asociación Diversidades ven aplicando durante os últimos anos e que recibe un impulso grazas ao programa ApS de Red Acoge.

O programa “Calor e Café” supuxo unha oportunidade para reflexionar sobre as desigualdades sociais e o valor da solidariedade: “Encantounos a experiencia e esperamos repetir pronto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *