Voluntariado orientado ao emprego

Voluntariado orientado ao emprego

Finalizamos o mes de febreiro cun ciclo de charlas focalizadas na imaxe de cara as entrevistas de traballo e autocoidado en xeral. Contamos coa colaboración de Blanca Lamas e Rubén Vázquez, que impartiron obradoiros de apariencia persoal e peiteado. 

Por unha parte, no obradoiro de maquillaxe aprendemos diversas técnicas de automaquillaxe básicas, así como técnicas adaptadas á búsqueda de emprego para adquirir habilidades que poidamos empregar cara a futuras entrevistas ou empregos. Por outra parte, no obradoiro práctico de perruqiería traballamos distintas técnicas de corte de cabelo, tanto de home como de muller, así como diversas ideas de peiteado para distitas ocasións.

Consideramos que estas charlas son relevantes para potenciar a inserción laboral das persoas migrantes e inflúen positivamente na súa autoestima. Aprendemos a importancia de coidar a imaxe persoal, potenciando os nosos atributos físicos e sobretodo proxectando unha imaxe que nos represente, ca que nos sintamos cómodos e cómodas. 

Aínda nos atrevimos a utilizar o maquillaxe e as tesoiras para practicar as nosas habilidades! Foi todo un éxito!