Día Internacional da Muller

Día Internacional da Muller

A loita pola consecución real dos dereitos e oportunidades das mulleres, en situación de desigualdade social, a través dunha perspectiva feminista, é un tema transversal na práctica profesional na Asociación Diversidades.

Este 8 de marzo, como cada Día Internacional da Muller, sumámonos as reivindicacións de recoñecemento, visibilidade e xustiza social das mulleres no Centro de Acollida  a Personas en Situación de Protección Internacional de Tui.

Iniciamos a mañá ca retransmisión en directo en YouTube do acto institucional 8M do Concello de Tui, no que se escoitou o manifesto feminista retransmitido pola concelleira de igualdade e puidemos ser partícipes dos relatos de seis mulleres no ámbito empresarial e profesional. Todo isto amenizado pola música en directo por parte de alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui e intercalado cos poemas da poeta Teresa Domínguez.

Posteriormente, proxectouse un documental que serviu para a reflexión dos roles de xénero tradicionais no ámbito laboral, e das repercusións que isto ten na libre elección dunha profesión. A temática suscitou un debate sobre se realmente existe una situación de igualdade real e efectiva en cada un dos países de orixe das persoas usuarias.