Xornadas de sensibilización sobre trata

Xornadas de sensibilización sobre trata

O venres nove de abril, os equipos de Tui e Vigo tivemos a oportunidade de xuntarnos nunha xornada de formación na que as profesionais da Asociación Vagalume, Lourdes e Tati, permitíronnos profundizar o noso coñecemento sobre a trata con fin de explotación sexual grazas a súa ampla experiencia e coñecemento no ámbito.

Durante esta xornada fixéronnos un achegamento á situación da prostitución en Galicia, as diferenzas entre trata e tráfico, así como estratexias para a detección de posibles víctimas e os procedementos a seguir.

Foi unha xornada moi enriquecedora de relfexión e aprendizaxe. Estamos moi agradecidas ás compañeiras de Vagalume por esta conferencia.