Xornadas Sensibilización sobre trata

O venres 9 de abril, os equipos de Tui e Vigo tivemos a oportunidade de xuntarnos nunha xornada de formación na que as profesionais da Asociación Vagalume, Lourdes e Tati, permitíronnos profundar o noso coñecemento sobre a Trata con fins de explotación sexual grazas a súa ampla experiencia e coñecemento no ámbito.


Durante esta xornada fixéronnos un achegamento a situación da prostitución en Galicia, as diferenzas entre Trata e Tráfico, así como estratexias para a detección de posibles vítimas e os procedemento a seguir.


Foi unha xornada moi enriquecedora de reflexión e aprendizaxe. Estamos moi agradecidas as compañeira de Vagalume por esta conferencia.

Published by