Primeiro aniversario do Centro de Acollida de Protección Internacional

Primeiro aniversario do Centro de Acollida de Protección Internacional

Este 19 de maio é un día especial, emotivo y cheo de experiencias para nós. 

Hoxe fai un ano da apertura do noso Centro de Acollida para persoas solicitantes de Protección Internacional.

Comezamos esta andaina con moita incertidume, cheos de motivación e ilusión pero tamén con preocupacións polo que viría. Este ano serviunos para poñer en marcha protocolos, realizar intervencións individuais e grupais, unir e compartir culturas, idiomas e costumes de diferentes países. Pero sen dúbida o máis importante para a nosa asociación foi romper coas expectativas previas que tíñamos e ir construíndo unhas novas con cada unha das familias que tivemos a oportunidade de coñecer. 

Queda por diante moito traballo que facer en canto a sensibilización e ruptura de prexuicios para facilitar máis a verdaderia integración social de todas estas familias, para evitar que sigan sufrindo discriminación nas escolas, nos centros médicos e na administración xeral. Se xa é difícil deixar o teu país, máis complicado é cando non tes acceso a una red social na que poidas confiar.

Por todo isto, tras este aniversario, afrontamos o futuro deste proxecto con moita máis sabiduría e tamén con novas incertidumes. Pero sen dúbida, co compromisso de seguir adicando todos os nosos esforzos para favorecer a integración das famílias coas que traballamos e transformar e sensibilizar a comunidade na que vivimos.