. Conmemoramos con este acto o Día Mundial das Persoas Refuxiadas
. H.M Presentará a proxección narrando o seu traxecto desde Siria a Vigo como solicitante de asilo
H.M fuxiu de Siria co seu marido deixando atrás a súa casa familiar, os seus pais, os seus amigos a as súas profesions. Xuntos, iniciaron unha travesía marcada por abusos, barreiras, medos e perigos, e con un neno a costas. Todo por recibir a protección que a súa nación non lles brindou. Esta é a historia de tantas persoas, aínda que non todas terminan así. Moitas delas estáncanse nun limbo e quedan atrapadas en campos de refuxiados por un tempo indeterminado. Así sucede en Kutupalong (Bangladesh), o máis poboado do mundo, onde casi un millón de rohingyas esperan retomar as súas vidas. O documental Errantes sen retorno, unha historia rohingya, que estreamos o próximo xoves 17 de xuño ás 19.00h nos cines Yelmo, narra esta realidade.
Un encontro que servirá para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas e que contará coa propia H.M para presentalo. Esta experiencia está aberta a toda a cidadanía e as entradas xa están disponibles na propia páxina web dos cines. Debido á actual pandemia do coronavirus, será necesario adquirir a reserva por vía telemática.
O filme narra, etre a poesía e o drama, unha crisis humanitaria enorme e, aínda así, pouco difundida, a través de Kalam, Mohammad, Montas e outros exiliados que queren que se escoite a súa voz. Entre a espera e o medo á desaparición, o reparto de comida e os partidos de fútbol, dan testemuño da súa cotidianeidade e das pantasmas do pasado.
É necesario ter en conta que, a día de hoxe, o 1% da poboación mundial vése desprazada do seu lugar de orixe. Segundo a Axencia da ONU para os Refuxiados, o 40% das 80 millóns de persoas desprazadas no mundo, son nenos e nenas. As persoas rohingya forman parte da minoría musulmana de Myammar e, aínda que anteriormente xa foran perseguidos, desde o ano 2017 produciuse un estallido de violencia na zona que lles obligou a fuxir da rexión. Este acto pretende ser un espazo para a reflexión da cidadanía viguesa.
Dirixida por Mélanier Carier y Olivier Higgins, ata o momento, Errantes sen retorno foi galardonado co premio do Público no Festival de Cinema da Ville de Québec-FCVQ (Canadá) e é o filme gañador da sección competitiva, Global Docs, no festival DOCSMX (México). Ademáis, participou nos festivais Recontres internationales du Documentaire de Montréal (Canadá), Seminici-Semana Internacional do Cine de Valladolid (España), Festival Internactional du Cinéma Francophone en Acadie (Canadá) e Festival International du Film Francophone de Tübingen (Alemania).
O acto supón un esforzo máis desta ONG viguesa por construir unha sociedade inclusiva. Diversidades Acolle desenvolve, desde o ano 2013, distintos proxectos de intervención social na cidade cun equipo interdisciplinar para abordar a vulneración de dereitos, desigualdade e interculturalidades dende a educación, a orientación laboral e o desenvolvemento de itinerarios vitales centrados na persoa.