Estreamos “ERRANTES SIN RETORNO”, UN DOCUMENTAL SOBRE AS PERSOAS REFUXIADAS ROHINGYA

· Conmemoramos con este acto o Día Mundial das Persoas RefuXiadas
· H. M. presentará a proXección narrando O SEU traXecto desde Siria a Vigo como solicitante de asilo

H. M.fuxiu de Siria co seu marido deixando atrás a súa casa familiar, aos seus pais, aos seus amigos e as súas profesións. Iniciaron unha travesía marcada por abusos, barreiras, medo e perigos, e cun neno ao lombo. Todo por recibir a protección que a súa nación non lles brindou. Esta é a historia de tantas persoas, aínda que non todas terminan así. Moitas delas se estancan nun limbo, quedan atrapadas en campos de refuxiados por un tempo indeterminado. Así sucede en Kutupalong (Bangladesh), o máis poboado do mundo, onde case un millón de rohingyas esperan retomar as súas vidas.

Así o narra o documental Errantes sin retorno, una historia rohingya que estreamos o próximo xoves 17 de xuño ás 19:00 nos Cines Yelmo. Un encontro que servirá para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, e que contará coa propia H. M. para presentalo. Esta experiencia está aberta a toda la cidadanía, e as entradas xa están dispoñibles na propia páxina web dos cines. Debido á actual pandemia do coronavirus, será necesario adquirir a reserva por vía telemática.

O filme narra, entre a poesía e o drama, unha crise humanitaria enorme e, aínda así, pouco difundida, a través de Kalam, Mohammad, Montas e outros exiliados que queren que se escoite a súa voz. Entre a espera e o medo á desaparición, a repartición de comida e os partidos de fútbol, dan testemuño da súa vida cotiá e das pantasmas do pasado.

É necesario ter en conta que, a día de hoxe, o 1% da poboación mundial vese desprazada do seu lugar de orixe. E segundo a Axencia da ONU para os Refuxiados, das preto de 80 millóns de persoas desprazadas o 40% son nenos e nenas. As persoas rohingya forman parte da minoría musulmá de Myammar. Aínda que anteriormente xa foron perseguidos, desde o ano 2017 produciuse un estoupido de violencia na zona que as obrigou a fuxir da rexión. Este acto pretende ser un espazo para a reflexión da cidadanía viguesa.

Pinchar en la imagen para consultar datos

Dirixida por Mélanier Carrier e Olivier Higgins, ata o momento, Errantes sin retorno foi galardoado co Premio do Público no Festival de Cinéma de la Ville de Québec – FCVQ (Canadá) e é a Película gañadora da sección competitiva, Global Docs, no festival DOCSMX (México). Ademais, participou nos festivais Rencontres Internationales du Documentaire de Montréal (Canadá), Seminci – Semana Internacional de Cine de Valladolid (España), Festival International du Cinéma Francophone en Acadie (Canadá) e Festival International du Film Francophone de Tübingen (Alemania).

O acto supón un esforzo máis desta ONG viguesa por construír unha sociedade inclusiva. Diversidades Acole desenvolve desde 2013 distintos proxectos de intervención social na cidade cun equipo interdisciplinar para abordar a vulneración de dereitos, desigualdade e Interculturalidade desde a educación, a orientación laboral e o desenvolvemento de itinerarios vitais centrados na persoa.

Published by

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*