O 20 de xuño celébrase internacionalmente o Día das Personas Refuxiadas e dende Diversidades Acolle levamos a cabo varias accións para celebralo y resaltar a importancia de sensibilización nesta materia.
Por unha parte, comezamos por realizar un faladoiro co alumnado de primeiro curso do Grado Medio de Integración Social do Colexio Lar co obxectivo reforzar o seu coñecemento neste ámbito.Para iso desprazáronse ata alí parte do equipo do Centro de Protección Internacional de Diversidades. A directora e asesora xurídica do centro comezou por facer unha introdución para explicar que é a Protección Internacional e que significa ser refuxiado, así como outros datos e conceptos importantes para coñecer ó colectivo. A continuación, un compañeiro Integrador Social explicoulles as distintas accións e intervencións que se levan a cabo coas persoas solicitantes de Protección Internacional no Centro así como o funcionamento xeral do mesmo. E por último, unha alumna do segundo curso do grado formativo que fixo as prácticas no noso centro fixo unha pequena reflexión sobre como foron as súas estancias prácticas e os aprendizaxes que se leva desa experiencia.
Por outra parte, quixemos celebrar este día tamén coas persoas que ao longo de este ano pasaron polo centro e para iso reunimos de novo a todas as familias que xa están fora do centro para realizar unha xornada de reflexión e convivencia.
Neste día, a mañá comezou cunha actividade na que todas as persoas solicitantes de Protección Internacional máis varias persoas do equipo reflexionaron sobre como foi este proceso. Permitiu que todas reflexionaramos de forma crítica sobre os aspectos positivos e aspectos a mellorar do seu paso polo centro, resaltando as fortalezas e debilidades da intervención. Resultou un espazo no que se mesturaron sensacións de nostalxia, motivación e colaboración.
Paralelamente, os menores do centro recibiron a visita de outros nenos e nenas cos que se levou a cabo unha actividade co obxectivo de estabelecer vínculos entre rapazada de distintas idades e orixes e así xerar un espazo de distensión a través do cal facilitar a integración de todos e todas.
Para iso comezouse por facer unha breve presentación e a continuación una “Busca do Tesouro” na que repartidos en dous grupos tiñan que colaborar para buscar as pistas por todo a finca do centro e así atopar o tesouro. Para resolver o misterio foi fundamental que cada un dos membros do equipo aportase os seus coñecementos para resolver o misterio.
Unha vez achado o tesouro o día continuou entre futbolíns, partidas de pingpong, fútbol, guerras de globos de augas, bailes e músicas do mundo. Sen dúbida unha grande experiencia que estamos desexando repetir.
Para rematar a xornada de celebración, usuarios e equipo preparamos unha comida para desfrutar todos xuntos na que tivemos ademais a oportunidade de probar gastronomía típica do seu país de orixe. Un momento para a desfrutar da comida e a sobremesa, todo elo entre moitas risas, bromas, imitacións e cancións.
Sen dúbida, a celebración do Día Internacional do Refuxiado deste ano foi estivo chea de momentos para a reflexión e a celebración.