Curso de neolectores

Curso de neolectores
Neolectoras 2021

Hoxe inicia de novo a súa andaina o curso para persoas alfabetizadas que precisan de mellorar as súas competencias de lectoescritura e de comprensión da lingua española. Trátase de ofrecer unha formación que cubre o espazo entre a alfabetización básica e a formación de persoas adultas, orientado a persoas estranxeiras que necesitan progresar na súa inclusión social e na súa inserción laboral.

Cunha metodoloxía individualizada e con medios pedagóxicos adaptados, o curso ten lugar os martes, mércores e xoves en horario de 10:20 a 13:00, permitindo a conciliación e o desenvolvemento das capacidades de cada persoa.