Loitando contra o #Inmigracionalismo

Loitando contra o #Inmigracionalismo

No marco do proxecto #Inmigracionalismo, promovido pola Rede Acolle, rede á que Diversidades Acolle pertence, reunímonos esta semana con profesionais da información para coñecer cales son as dinámicas e prácticas informativas máis habituais sobre inmigración no exercicio xornalístico e reflexionar sobre as súas repercusións tanto na convivencia social como na política. 

Estes grupos focais de traballo son esenciais para contribuir a mellorar a información sobre migración e fortalecer os lazos cos medios de comunicación social como axentes chave na integración da poboación inmigrante e na promoción de sociedades justas e igualitarias. 

O proxecto desenvólvese en dous eixos principais: por un lado na análise de informacións sobre migración nos medios de comunicación impresos, e, por outro, nas sensibilizacións a axentes chave do proceso de comunicación (xornalistas, estudiantes, ciudadanía,etc.) a raíz dos resultados obtidos nas análisis de medios previas. 

Ata a data, o proxecto #Inmigracionalismo ten analizadas máis de 15.500 información sobre migración nos medios impresos españoles.