Sinerxias por unha educación diversa

Sinerxias por unha educación diversa

Estes días o  alumnado do proxecto BRO’S, proxecto que persegue  brindar unha segunda oportunidade educativa e vital a xóvenes en risco, recibiu a visita do equipo da asociación Aso Nosmesmas para reflexionar sobre educación e diversidade afectivo-sexual e de xénero.

Así, grazas á sinerxia con asociacións amigas como Aso Nosesmas, organización feminista que pretende contribuir á construcción de vías alternativas de pensamento e de acción para acadar as condicións necesarias para o exercicio e pleno disfrute por parte das mulleres LBTIQA,  continuamos dando pasos para facilitar un futuro máis seguro e  inclusivo para os xóvenes en risco da nosa comunidad.

Diversidades Acolle desenvolve o proxecto BRO’S no marco das denominadas Escolas de Segunda Oportunidade, un modelo educativo alternativo que busca ofrecer a xóvenes sen emprego nen titulación unha pedagoxía basada en itinerarios personalizados, reforzo de competencias báscias e laborais, prácticas vinculadas ao mundo empresarial e apoio social, especialmente coa poboación xoven máis vulnerable.A actividade destas semanas súmase así ao programa de reforzo de competencias e habilidades que buscan contribuir ao reforzo das habilidades educativas e sociais destes xóvenes.